PERIODO DE ADMISION (MATRICULA) CURSO 2024-2025

RADMISIÓN E MATRICULA DE ALUMNADO

CURSO 2024/2025

 

 

 PRAZO ADMISION : 1-22 DE MARZO (alumnado que comeza 4º de infantil no curso 23/24 "3 anos", procedente de calquer lugar)

 

NORMATIVA:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2066, do 3 de maio, de educación.

 

 SOLICITUDE DE ADMISIÓN

4. Presentación da solicitude de admisión (para alumnado novo que non fixo a reserva, e para alumnado  procedente doutros centros ou alumnado dos anteditos centros adscritos que non solicitaran a reserva no prazo indicado): 1-22 de marzo.

5.Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 23 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.

6.       Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidasantes do 25 de abril.

7.       Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

8.       Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

ACLARACIÓN:

1º Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad‐ misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN PARA ADMISIÓN:

A solicitude de admisión pode realizarse da seguinte forma:

1.De forma presencial no centro (TEÑEN A DOCUMENTACION NO FICHEIRO "solicitude ordinaria galego/castelán")

2.Online: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla. DEBE VIR ASINADO POR AMBOS PROXENITORES, INDEPENDENTEMENTE DA RELACIÓN FAMILIAR (casados, divorciados). artigo 25º.5 e 6 da Orde do 21 de outubro de 2022 

  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 3ª FASE: MATRÍCULA

10.   Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 30 de xuño. 

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2066, do 3 de maio, de educación.

 

A formalización da matrícula  pode realizarse da seguinte forma:

 1.De forma presencial no centro

2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla. 

  • DEBE VIR ASINADO POR AMBOS PROXENITORES, INDEPENDENTEMENTE DA RELACIÓN FAMILIAR (casados, divorciados). artigo 25º.5 e 6 da Orde do 21 de outubro de 2022 

  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 

 AREAS DE INFLUENCIA.

Para saber as áreas de influencia do centro, comunicarse coa dirección do mesmo.

 

 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

 

  -TRANSPORTE ESCOLAR. PARADAS DENDE VILALBA CASCO URBAN:

 

-PARADA ESTACION AUTOBUSES

-PARADA RUA DA PRAVIA (CASA DA CULTURA)

-PARADA AVENIDA TERRA CHA (FARMACIA MARIN)

 

 

-COMEDOR ESCOLAR DE XESTIÓN DIRECTA. PRODUCTOS FRESCOS E COCIÑA PROPIA, ONDE SE ELABORAN DIARIAMENTE OS MENUS

-AS FAMILIAS QUE MATRICULEN OS SEUS FILL@S RESPECTARAN O PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO DE ACORDO Ó ART 5º DA ORDE DO 21 DE OUTUBRO DE 2022 QUE REGULA A ADMISION DO ALUMNADO

AdxuntoTamaño
solicitude admision galego.pdf1.39 MB
solicitude admision castelan.pdf1.4 MB