Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

PLAMBE

SEMANA DO LIBRO INFANTIL

O Día do libro infantil é o 23 de abril e nesta semana o festexamos.

Preme nas imaxes para ver os vídeos.

   
   

DÍA DA ÁRBORE E A POESÍA: 21 de marzo 2024

O equipo de Biblioteca en colaboración co equipo Medioambiental, propuxo unha actividade creativa e dinámica para o 21 de marzo festexar o Día da árbore e da Poesía creando unha árbore coas nosas mellores palabras da natureza.

 Preme nas imaxes para ver o vídeo.

SEMANA DA PRENSA EN BIBLIOSOLANAS: do 4 ao 8 de marzo

Dende o equipo de BiblioSolanas presentan ao noso alumnado esta actividade para participar na Semana da Prensa.

 

PREME PARA VER OS NOSOS TRABALLOS

PRESENTACIÓN DA INVESTIGACIÓN DO PDI "UN LIO DE XOGOS" EN BIBLIOSOLANAS

En BiblioSolanas temos como proxecto documental integrado "Un lio de xogos". Hoxe tivemos a presentación da fase de investigación. 

Preme nas imaxes para coñecer un pouco máis...

VIDEO DA PRESENTACIÓN ENTREGA DAS CAIXAS PARA INVESTIGAR

 

CHARLA DIVULGATIVA DE EDUCACIÓN VIAL EN BIBLIOSOLANAS

BiblioSolanas acolle unha charla divulgativa dun membro da Garda Civil de Tráfico de O Porriño sobre seguridade vial.

O alumnado do 2º e 3º ciclo asiste para coñecer as medidas que garantan un bo funcionamento da circulación como peóns, pasaxeiros/as ou conductores/as.

Preme na imaxe.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: 11 de febreiro

O 11 de febreiro é o día internacional da muller e a nena na ciencia e dende BiblioSolanas o conmemoramos con xogos de Memory, Dominó e investigación de mulleres científicas internacionais e nacionais.

EDUCACIÓN INFANTIL 1º DE PRIMARIA
2º E 3º DE PRIMARIA 5º E 6º PRIMARIA
 

FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS DE ENERO E FEBREIRO EN BIBLIOSOLANAS

BiblioSolanas festexa os aniversarios de principios de ano.

O alumnado axudante de biblioteca fai entrega dun agasallo aos nenos e nenas que cumpriron anos.

O agasallo é un xogo "cruz ou raia" segundo o PDI deste ano "Xogos".

ALUMNADO DE 

INFANTIL

ALUMNADO DE 

PRIMARIA

FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS DO 1º TRIMESTRE EN BIBLIOSOLANAS

BiblioSolanas festexa os aniversarios do 1º trimestre. O alumnado axudante de biblioteca fai entrega dun agasallo aos nenos e nenas que cumpriron anos no 1º trimestre do curso.

O agasallo é un xogo "cruz ou raia" segundo o PDI deste ano "Xogos".

ALUMNADO DE INFANTIL ALUMNADO DE PRIMARIA

VISITA DO ALUMNADO DE INFANTIL DO CEIP PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ DE GOIÁN: EXPOSICIÓN DO UNIVERSO

No primeiro trimestre, o alumnado de Solanas traballou o Universo: maquetas, construcción de planetas... 

Os seus traballos estan expostos nos corredores do colexio e nas clases de educación infantil. Ademáis BiblioSolanas tivo exposción de libros con esta temática.

O profesorado de educación infantil invitou as súas compañeiras e compañeiros do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián a facer unha mañá de convivencia e traballar todos xuntos. 

Tiveron: planetario, circuito sensorial do Universo, construcción de galaxias, visita a nosa exposición de traballos, visionado do vídeo do primer ser vivo en saír ao espazo...

Foi un pracer pasar esta maña xuntos.

 

REGUEIFAS CON ALBA MARÍA EN BIBLIOSOLANAS

Tivemos a visita de Alba María que é unha escritora, cantante, profesora e reguefeira.

O alumnado de 4º, 5º, e 6º primaria fixeron regueifas que son desafíos orais improvisados en verso.

Que ben o pasaron!!! Preme na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut