Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Os alumnos de 3º acadan o 1º Premio da campaña: Separemos ben, reciclemos mellor.

 

Alumnos de 3º de Primaria do noso cole veñen de acadar o 1º premio da campaña “SEPAREMOS BEN, RECICLEMOS MELLOR" coa súa obra "SEGUNDA VIDA"

Esta campaña foi promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Sogama, e que conta co apoio e respaldo de Ecoembes, Ecovidrio e os sistemas integrados de xestión de pilas .

Seu obxectivo é incentivar a participación da comunidade educativa nas boas prácticas ambientais vinculadas ao principio comunitario dos tres erres, facendo especial fincapé na recollida selectiva dos envases lixeiros , dos de cartón e papel, dos envases de vidro , das pilas e baterías usadas, así como da fracción resto.

En dita campaña instábase aos alumnos a realizar unha obra de arte con materiais de refugallo, traballo co que poderían dar renda solta á súa imaxinación.

O Xurado valorou positivamente a conexión entre as boas prácticas en materia de reciclaxe, arte e o mundo da literatura do noso traballo.

 

AdxuntoTamaño
DSCN0241a.JPG2.11 MB


page | by Dr. Radut