Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2023-2024

Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos públicos para o curso 2023-2024, regulado pola Orde do 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario: 

  • Do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro e pasa a outro adscrito.

  • O 22 de febreiro de 2023: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.

  • Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por primeira vez ao sistema educativo ou para os que cambian de centro.

  • Antes do 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.

  • Antes do 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.

  • Do 20 ao 30 de xuño de 2023: prazo de formalización da matricula.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2023

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

 Dende o 1 de marzo ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o próximo curso 2023-2024.

PRAZO DE ADMISIÓN: do 1 ao 20 de marzo de 2023.

DIRIXIDO A:

  • Alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil).

  • Alumnado que quere cambiar de centro escolar, sempre que existan prazas dispoñibles.

COMO PRESENTAR A SOLICITUDE:

 

VÍA TELEMÁTICAwww.edu.xunta.es/admisionalumnado

Esta ferramenta posibilita aos proxenitores cubrir a solicitude na aplicación e presentala de forma presencial no centro ou por vía electrónica.

As familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento empregando o código que xera a aplicación ao cubrir a solicitude.

MODO PRESENCIAL

Acudir ao centro educativo, pedir en secretaría a solicitude, cubrila e nós a tramitamos.

 

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse antes do día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria.

 

AdxuntoTamaño
ED550B-G.pdf1.38 MB


page | by Dr. Radut