Con esta actividade, finalizamos o DIARIO EMOCIONANTE. Agora tócavos a vós escribir as emocións que ides sentindo día a día. Recordade que agora tedes moitos recursos para controlar as vosas emocións.
Xa tedes a actividade 6. É importante que a partir de agora, o fagades todos os días para reflexionar nun futuro (cando cubrades toda a máquina de chicles) sobre a emoción que vos definiría mellor nesta situación.
Hoxe rematamos a fase de expresión de emocións coa actividade "opinando ando".
Trátase de que conversedes en familia sobre o que sentides e opinades sobre as cuestións que vos plantexa un presentador da televisión que observaredes na seguinte imaxe interactiva: