Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

FPINNOVA 2024: 3º ciclo de primaria

Congreso de centros de Formación Profesional de Galicia con obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, impresión 3D...

Preme nas imaxes para ver o contido.

VISITA DE ALUMNADO DO COLEXIO SAN XEROME

Alumnado do colexio San Xerome visítanos para unha doazon de libros a BiblioSolanas.

Moitas grazas!

OBRADOIRO "EU. TI. NÓS NA IGUALDADE"

O noso centro participa no desenvolvemento das accións de igualdade do Proxecto Igualando 2024, do Concello de A Guarda, coa actividade para o alumnado de educación primaria: “Eu. Ti. Nós na Igualdade”.

CADERNO DE ARTE DO ALUMNADO DE 4 ANOS.

O alumnado de 4 anos leva todo o curso traballando diferentes pintores; Picasso, Keith Haring, Salvador Dalí, Van Gogh...

Aquí podedes ver as versións que fixeron de cadros famosos.

ANDAINA CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA POR TUI. VEXO VEXO XACOBEO 2022

O Programa Vexo Vexo Xacobeo é un programa de divulgación do Camiño de Santiago e dos seus valores.

É un programa educativo que con saídas escolares  achega aos nenos e nenas de educación infantil e primaria a cultura do Camiño e do Xacobeo.

 

 

VISITA DA GARDERÍA MUNICIPAL DE A GUARDA 2022

Os nenos e nenas da Gardería Municipal de A Guarda nos fixeron unha visita para colocar os seus hoteis de bichos.

O noso alumnado de 3 anos foron os anfitrions e ensinaronlle o patio sensorial, a horta, charca...

 

DÍA INTERNACIONAL DO XOGO INFANTIL: 28 de maio

O 28 de maio é o Día Internacional do Xogo Infantil. Dende o equipo de patios organizaron uns xogos para todo o alumnado para festexar este día.

Os nenos e nenas de 5º primaria (como axundantes de patios) estiveron explicando e dirixindo aos seus compañeir@s.

SEMANA AFECTIVO SEXUAL 2022

17 de maio: Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia polo que tivemos unha serie de actividades:

  • Todo o colexio traballou co libro "Vivan as uñas de cores" e quen quixo puido pintarse as uñas na hora do recreo.
  • Rematamos de pintar o muro do patio de primaria coas cores LGTB.
  • A artista Tamara Baz pintounos un banco pola diversidade no paseo entre ambolos dous edificios.

 

 

MURAL DAS EMOCIÓNS NA FACHADA DO EDIFICIO DE INFANTIL

 

Este ano participamos no Programa de Consellería de Educación CP INCLÚE na súa actuación EMOCIÓNA-T.

Fai uns días a artista local Tamara Baz pintóunos un mural na fachada de Educación Infantil: "O paraugas da amizade". A idea é transmitir o paraugas como lugar para solucionar conflictos. Unha metáfora de protección; cando estamos c@s amig@s sentímonos cómod@s, acompañad@s e segur@s.

 

 

VISIONADO VALENTINA DE PRIMARIA E SAÍDA AO PARQUE DE INFANTIL

O Concello de A Guarda convidounos a película Valentina no Centro Cultural.

Valentina é unha nena con sindrome down que ten un soño, ser trapecista. nada é imposible con teima.

NUNCA DEBEMOS PERDER A ILUSIÓN NIN AS GANAS DE APRENDER.

Mentres o alumnado de infantil tivo unha divetida saída ao parque.

 



by Dr. Radut