Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Articles

RADIO TREBOADA: "PODCAST ODS"

Este ano o Proxecto Documental Integrado da nosa Biblioteca son os ODS "Obxectivos Desenvolvemento Sostibles".

 

No seguinte podcast o alumnado de 5º de primaria explícannos que son e para que serven estes obxectivos.

Preme enriba para escoitar o Podcast ODS

Ademáis contan coa colaboración dos nenos e nenas de 2º primaria.

Ver vídeo Almorzos saudables do alumnado de 2º de educación primaria: Vídeo

GRABACIÓN PROGRAMA RADIO EMOCIÓNATE

Durante toda a semana tivemos na biblioteca unha exposición de radios antigas, entre elas a nosa antiga Radio Treboada.

O martes 8 de novembro viñeron ao colexio unha locutora de radio e un técnico do programa RADIO EMOCIÓNATE da emisora RadioSi.

Houbo entrevistas ao alcalde de A Guarda, a un historiador guardés e a presidenta da Asociación Redeiras.

Tamén fixeron unha entrevista por videoconferencia cun productor da serie que se está a grabar na nosa vila.

Foi toda unha experiencia para o alumnado de 5º de primaria.

 

Programa de Radio Treboada Profes 2022

Radio Treboada rematara por este curso académico???!!! Pois parece ser que non é así!!!
Programa sorpresa feito polos mestres e mestras do cole de Solanas!
Dalle ao "play" e... adiante programa!

 

Programa de Radio Treboada 17-xuño-2022

Chegou o momento do... último programa do curso!
Radio Treboada voltou ás ondas en decembro, e desde que comezou... non houbo stop! Sen embargo e moi ao noso pesar... chegou a fin desta primeira tempada!
Programa número 18 e... canto mérito ten! Moitísimas grazas a todxs os nenxs e mestres que fixeron posible este proxecto radiofónico! Noraboa a todxs!
O curso que ven... máis e mellor!
Click no play e... adiante Rabio Treboada!!!

Programa de Radio Treboada 10-xuño-2022

Penúltimo programa e... Radio Treboada vaise de... volta ciclista!
Que ocorre? Non entendes nada?
Click no "play" e comprenderás todo!

 

VISITA A RADIO NACIONAL DE ESPAÑA 5 POLO ALUMNADO DE 4º PRIMARIA

Un dos premios do Concurso de Potcads que gañou o grupo de 4º de primaria era visitar unha radio "de verdade" e hoxe os nenos e nenas fixeron realidade o seu soño de futur@s locutor@s.

En Radio Nacional de España 5, na súa delegación de Vigo, foron moi amables e pacientes cos nosos cativos.

Fomos xunto co grupo de 5º de primaria do colexio Sinde que tamén foron gañadores no mesmo concurso.

Programa de Radio Treboada 3-xuño-2022

UNHA SOA TERRA!
Aquí estamos de novo, os treboeirxs, con novo programa de radio!
Desta vez, adicado ao Día Mundial do Medio Ambiente!
Se cabe, máis importante ca nunca, debemos conciernarnos! Coidar o planeta!

O noso fogar! A Terra! Adiante programa!!
PD.: Dalle ao "play".

 

OBRADOIRO DE RADIO & PODCAST. 4º PRIMARIA

O alumnado de 4º primaria tivo un obradoiro en radio e podcats para ser uns/unhas fantástic@s locutor@s de radio.

Durante toda unha mañá gozaron coa experiencia:

 

Programa de Radio Treboada 27 de maio 2022

Moi boas radiooíntes!
Aquí está de novo Radio Treboada!
Desta vez, para conmemorar o día internacional do xogo infantil! Pero non só iso, senón que traemos unha entrevista moi... descubrídeo por vós mesmxs dándolle click ao "play".
Adiante programa!!

 



by Dr. Radut