Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

MENU OUTUBRO 2023.COMEDOR ESCOLAR

Se eres usuario do comedor escolar de Solanas e queres saber os almorzos do mes de outubro...

Preme no seguine enlace para ver o menú do mes de outubro.

RECREO DE CONVIVENCIA E SAÍDA AMBIENTAL.27 setembro

O pasado mércores os equipos de benestar e convivencia e equipo medioambiental organizaron unha medio xornada do máis divertida.

RECREO DE CONVIVENCIA.

Titoría de iguais. Metodo de aprendizaxe cooperativo onde un

neno/a maior titoriza a un/unha pequeno/a.

Cada neno/a tiña que atopar ao seu/súa compañeiro/a mediante  pezas de xogos iguais.

SAÍDA MEDIAMBIENTAL: PLOGGING.

Recollida de resíduos combinado con actividade física.

Coas parellas de titoría de iguais fomos ata as práias de Fedorento e Area Grande para recoller plásticos.

A volta o equipo medioambiental agasallou a todo o alumnado con bolsas térmicas (proxecto CPsostenibilidade do curso pasado) para futuras saídas.

Preme na imaxe para ver o contido

CLUB DE LECTURA SALITRE

O Club de Lectura SALITRE é un club de nais e pais coordinado pola profe Bel que reúnense para comentar diferentes libros que leen ao longo do curso.

Este ano xa tiveron a súa primeira reunión onde comentaron o último libro de Alicia Portabales. Este Club non deixa de ler... nin en verán!

Este ano BiblioSolanas agasallou ás/aos participantes cunha bolsa de tea co seu logo.

Estades todas e todos convidados a participar.

 

MAQUETAS DE CÉLULAS ANIMAIS E VEXETAIS DE 6ºP

As células son a unidade máis pequena que atopamos nos seres vivos. Poden ser eucariotas ou procariotas. 

O alumnado de sexto de educación primaria, dentro da materia de ciencias da natureza, fixo una maqueta con células animais e vexetais. Tiñan que facer a súa replica cos materias que quixeran, por as partes e facer unha exposición do seu traballo.

Preme na imaxe para ver os traballos:

MAQUETAS CLASE 6º A MAQUETAS CLASE 6º B
 

PATIOS DINÁMICOS: OBRADOIROS DOS/DAS AXUDANTES DE PATIO

No recreo da primeira semana, as/os axudantes de patios ofertaron o que saben facer e querían ensinar ao resto de compañeiras e compañeiros do colexio.

No recreo da segunda semana, os grupos de axudantes ensinaron nos seus obradoiros axedrez, lettering, balonman...

E, para rematar, no recreo da terceira semana, acompañaron aos nenos e nenas de infantil.

Preme nas imaxes para ver o ben que o pasaron.

AXUDANTES OFERTAN DE OBRADOIROS OBRADOIRO DE AXEDREZ
   
OBRADOIRO DE BALONMAN OBRADOIRO DE LEGO
   
OBRADOIRO DE LETTERING OBRADOIRO DE TENIS
   

OBRADOIROS NO PATIO DE EDUCACIÓN INFANTIL

MAQUETAS SISTEMA SOLAR 2023: 5º de educación primaria

O alumnado de 5º de primaria, dentro da materia de ciencias sociais, tivo que facer unha maqueta do sistema solar. Para elo fixo unha investigación de que corpos celestes por, que materiais empregar, dimensións...

Preme na imaxe para ver o bo traballo que fixeron.

ELMER. AULA DE 3 ANOS

SAMAÍN HALLOWEEN 2023

Con motivo da celebración do SAMAÍN 2023 teremos:

 

CONCURSO CABAZAS

Todos os nenos e nenas que queiran participar, poderán traer unha cabaza da súa casa, do mércores 25 ao luns 30 de outubro.

As cabazas estarán expostas na entrada do edificio de educación primaria e no patio verde de educación infantil.Cada neno/a coloca a súa na entrada pola que accede ao centro. As cabazas terán que ter o nome e curso do alumno/a participante (terán que estar debaixo da cabaza).

Outorgarase un premio por aula, os protagonistas das votacións serán os propios nenos/as.

 

FESTA SAMAÍN

O martes 31 de outubro, teremos as seguintes actividades:

 

  • FESTA DE DISFRACES DE MEDO:Infantil e Primaria: os/as nenos/as virán disfrazados/as da casa.
  • DEGUSTACIÓN DE POSTRES TERRORÍFICOS…: pedimos que o/as neno/as traían postres terroríficos para compartir. (Prégase que o tuper veña co nome do/a neno/a)

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

O equipo de linguas estranxerias linglés

O equipo de Dinamización da Lingua Galega.

SAMAÍN / HALLOWEEN 2023 EN BIBLIOSOLANAS

EXPOSICIÓNS DE LIBROS DE "MEDO" EXPOSICIÓNS DE NOVIDADES
   
   

CONTOS DE MEDO NA BIBLIO

Polo alumnado de 6º de Primaria

 VOS ESPERAMOS!!
 

PREME NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS

SAMAÍN - HALLOWEEN 2023

CONCURSO DE CABAZAS

ENTREGA DE PREMIOS

CONCURSO DE DISFRACES

 

ENTREGA PREMIOS

PHOTOCALL SAMAÍN 2023

 

DEGUSTACIÓN POSTRES

DESFILES

FESTA E BAILE

PREME NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS



by Dr. Radut