A feira foi un evento de promoción das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas de Galicia, coa exposición de material divulgativo e actividades interactivas como obradoiros, concertos de música ao vivo e conferencias.
O alumnado de 3º a 6º de Primaria poido coñecer ensinanzas artísticas que se realizan nos diferentes conservatorios, escolas de idiomas e institutos de toda Galicia.
O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unhas sesións de experimentos durante este mes:
O alumnado de 5º de primaria estivo traballando co tema da materia e enerxía : as súas propiedades xerais (masa e volume) e as específicas (densidade, flotabilidade, dureza...) e a súa clasificación segundo o tipo de materia.
O alumnado de 6º de primaria estivo co tema da electricidade e magnetismo: electricidade estática, circuitos eléctricos...
Preme nos seguintes apartados e bota unha ollada ao ben que o pasamos.