Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

OBRADOIRO "LENTES DIVERGENTES" DO CIM DE A GUARDA

O Centro de Información a Muller (CIM) de A Guarda nos trouxo o seu obradoiro "Lentes Diverxentes" para traballar aspectos relacionados coa violencia de xénero.

O alumnado de 5º de Primaria traballou aspectos coma: estereotipos por xénero, consentimento, machismos...

RADIO NA BIBLIO: CHARO PITA

Dentro do programa RADIO NA BIBLIO visitóunos Charo Pita para facer un obradoiro co alumnado de 4º de primaria e ter un par de sesións de contacontos con infantil e o primeiro ciclo de primaria.

Encantóunos! Preme nas imaxes para ver o ben que o pasamos.

Obradoiro don 4º de Primaria sobre oratoria.

Contacontos con Infantil e Primaria

 

HERDANZA XENÉTICA DO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

A herdanza xenética dun ser humano son rasgos ou características que se transmiten de pais/nais a fillos/as. O material xenético atópase en cada unha das nosas células. As células sexuais permiten que cando se fecunde o óvulo ambos proxenitores aporten ao feto a metade do seu material xenético, así o fillo/a terá características de ambolos dous.

Os membros dunha mesma familia tenden a ter caracteristicas semellantes: cada alumno/a tivo que atopar as súas: investigaronor rasgos físicos ou rasgos de carácter tes cos teus proxenitores.

 

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA: 21 DE MARZO. HAIKUS DE NATUREZA

Este ano para festexar o Día da árbore e o Día da poesía fixemos uns haikus con temática da natureza.

Por parellas, todo o colexio construíu un haiku e o decorou para sair e crear o noso bosque de haikus na senda peonil ao carón do noso centro.

Saída polo Día  da árbore e da Poesía 2023 Colocación de Haikus.
   

Preme nas fotos para ver os vídeos.

SAÍDA E ACTIVIDADE DA PRIMAVERA 2023

O alumnado de educación infantil, coa colaboración do alumnado de 5º de primaria, fixo esta actividade tan xenial.

Primeiro saímos a recoller flores para despois ter unha actividade creativa conxunta.

Preme nas fotos e verás o resultadoGuiño.

Saída ata praía de Fedorento para recoller flores. Actividade colaborativa e creativa: construímos bolboretas con flores

OBRADOIRO CREATIVO CON PABLO OTERO. BIBLIOTECA CREATIVA

Este ano seguimos dentro do programa Biblioteca Creativa e levamos a cabo unha formación co alumnado a cargo de Pablo Otero.

Nesta formación tivemos dous obradoiros; un co alumnado de 5º de primaria e outro co de 3º primaria para ver a súa capacidade de crear obras artísticas.

Xa o podedes ver no seguinte vídeo.

 

PLANTACIÓN NA HORTA ESCOLAR POLO ALUMNADO DE 3º E 4 ANOS

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos estiveron plantando leitugas e xudías na nosa horta e flores nas novas macetas do colexio.

Participación no concurso "A NOSA ROSALÍA FEMINISTA"

O pasado mes de febreiro o alumnado de 3º de primaria participou no concurso da Deputación de Pontevedra "A Nosa Rosalía Feminista".

Un concurso escolar de ilustración, colaxe e reciclaxe con perspectiva feminista.

O grupo realizou unha colaxe resaltando a importancia da escritora.

Non gañaron pero pola súa participación conseguiron un lote de libros para a nosa Biblioteca.

Graciñas e felicidades!Guiño

PLANTACIÓN E LIMPEZA DA HORTA ESCOLAR: 6º PRIMARIA

O alumnado de 6º de primaria estivo limpando e plantando na horta escolar.

EASTER EGGS HUNT 2023

Outro ano máis tivemos a búsqueda de ovos de Pascua.

 

 


by Dr. Radut