Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

Visita ao Monte

O pasado venres 4 de febreiro o alumnado do 1º ciclo estivo no Monte plantando carballos e castiñeiros. Aquí vos deixamos un vídeo para demostrar o traballadores que son.

Ver fotos

CONTACONTOS

Aquí vos deixamos un vídeo dun conto dos nenos e nenas de 2º. A ver se vos gusta!

UN TRITÓN NO COLEXIO

A profe Charo trouxonos un tritón á escola para que o víramos. Atopárao malferido perto da casa e despois dunha mañán na escola, e unha vez reposto do susto, o tritón voltou para o seu medio natural. Agora, se non volve a perderse, andará polo monte Torroso.

Sergio Piña de 6º fixo unha investigación sobre este animaliño e esto é o que nos conta:

"O tritón (Triturus Marmoratus) ou limpafontes é un anfibio da familia dos salamándridos, de pequeno tamaño, corpo alongado con estremidades pequenas e cola aplanada lateralmente. A pel é aterciolpelada cando está na terra e lisa cando está na auga. Os adultos acoden á auga durante o celo e os machos desenvolven cristas dorsais e caudais e cores vivos para atraer ás femias. Como todos os anfibios teñen substancias  na pel que poden ser irritantes. Tanto na auga como na terra aliméntanse de pequenos artrópodos, anélidos ou lesmas".

DESFILE DE ENTROIDO

O venres día 4 celébrase o desfile escolar de Entroido polas rúas da vila. Sae ás 11 en punto da Alameda e vai ata e vai ata o porto. As vacacións de Entroido duran ata o xoves día 10, día no que se reanudan as clases.

DESFILE DE ENTROIDO

E por fin chegou o día do desfile. Aquí podedes ver o guapos e guapas que íamos.

XOGO PASE PERICO

entroido

Xa están na galería as fotos do desfile de entroido para que vexades que bonito estaba o noso pobo pintado de cores.

Ver fotos

Día da poesía

O pasado 21 de marzo celebramos o día da poesía no que participaron moitos nenos e nenas elaborando uns poemas preciosos. Podedes ver as fotos na Galería.

Ver fotos

RAFAEL E OS XOGOS POPULARES

Fotos de 2º

Hai novedades no álbum de 2º. Entrade e veredes a todos en acción

Ver fotos



by Dr. Radut