O CEIP SARREAUS, POLA IGUALDADE DE XÉNERO!!!!
Para conmemorar este día, a rapazada traballou toda a semana para facer estes murais...
1. Investigamos sobre o significado do 8M
2. Dedicamos o tempo de ler a lecturas sobre Mulleres Rebeldes
3. Cubrimos cada un unha ficha sobre unha muller rebelde que nos chamara a atención
4. Elaboramos o mural con toda a información de toda a semana.
Así mesmo, o CDR O VISO visitounos para darnos unha charla e unhas actividades relacionadas con esta conmemoración