Entroido

COMPADRES- COMADRES

O 31 de xaneiro e o 7 de febreiro celebramos os xoves de compadres e comadres respectivamente.

Os nenos e nenas con anterioridade fixeran na súa clase os compadres e comadres.

Eses días baixaron  ao patio e  houbo esa pequena loita de sexos que tan marcada está no entroido.

 

          

Entroido

O 8 de febreiro celebramos o Entroido en Sarreaus.

Os de Infantil disfrazáronse de "Brancaneves e os 7 ananiños". Os de 1º, 2º, e 3º  de "Bob Esponja" e os de 4º, 5º e 6º foron de "Peter Pan, Campanilla e Wendy".

A verdade que foi moi vistoso e cheo de colorido.

Chegamos ao Cole, disfrazámonos , houbo unha sesión de maquillaxe e peiteado e saímos a desfilar por todo o pobo de Sarreaus.

Ao chegar á praza tivemos unha enorme carpa chea de bocatas e outras "delicatessen" para que degustasen os nenos e nenas do cole. Pola tarde houbo baile e xogos por doquier.

           

Powered by Drupal - Design by artinet