Skip to Content

Día internacional contra a violencia de xénero

25N

O día de onte resultou ser un día moi gratificante e satisfactorio na nosa escola.
Primeiro, tivemos a sorte de contar cunha excelente persoa que acudiu ao centro para darnos unhas pequenas charlas adaptadas tanto a Educación Infantil como a Educación Primaria a través de contos, que trataban unha serie de historias relatadas e inspiradas no 25 de Novembro, coa finalidade de facernos entender por qué se celebra este día e os nenos e nenas estiveron moi receptivos e entenderon a perfección do que se estaba a falar e foron capaces de razoar moitas das situacións que se foron expoñendo.
Por outro lado, desde o centro, as nosas mestras tamén traballaron o 25N a través de actividades co alumnado e ata fixeron un pequeno mural e bandas moradas na entrada do centro para deixar reflexado que entendemos e defendemos do que se está a falar.
Por último, vamos a rematar cunha frase que di:

"En mi opinión, las palabras son nuestra fuente más grande de magia y son capaces de dañar y sanar a alguien". J.K. Rowling

25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero

Para conmemorar este día, os nenos e nenas de primaria fixeron moitas actividades relacionadas co tema.

Traballamos o conto "O chuvasqueiro de Aurora" 

Falamos de valores como o respeto, tolerancia, igualdade...tan importantes como necesarios nas nosas vidas.

 

 

      

 

TODXS DICIMOS NON Á VIOLENCIA 

Distribuir contido


by Dr. Radut