Proxecto: Os pintores

Dende a clase de 1º, 2º e 3º, co nome “Un mundo de Cores”, quixemos traballar a arte. Para iso partimos do estudo de diferentes pintores como: Monet, Van Gogh, Frida Kalho, Velázquez ou Picasso.

Unha vez comezada a actividade, finalmente sumáronse todos os alumnos do centro.

É un proxecto interdisciplinar que abrangue diversos ámbitos das materias de: coñecemento do medio, plástica, lingua galega, lingua castelá e lingua extranxeira (inglés).

O proxecto xurdiu dende o estudo das plantas na materia de Coñecemento do medio, xa que ós alumnos pareceulles singular a fotografía mostrada na aula do cadro "Os Nenúfares". Dende ese punto comezamos a  investigar o seu autor, Monet, e logo a outro impresionista desa época, Vincent Van Gogh.

A organización da actividade:

Na primeira sesión, cada grupo coñece ó autor: vida e obra.

Na segunda sesión, facemos unha lectura dalgún conto en relación ó autor e posteriormente elaboramos un mural.

                        

 

Na terceira sesión, os nenos realizan unha caricatura do pintor.

                       

 

Na cuarta sesión elixen os cadros máis representativos do autor para colorealos.

                   

Na quinta situamos nun mapa, onde naceu o autor, a onde viaxou e traballamos o tema.

            

 

Na sexta sesión, acudimos a aula de informática onde visitamos a páxina web do Museo Do Prado no caso de  Velázquez, escoitamos a canción de Marta Sanchez que lle adicou a Frida ou con respeto a Monet e Van Gogh, visionamos os capítulos adicados a estes pintores na serie “Little Einstein”.

Na séptima sesión, elaboramos un xogo adaptado a cada curso, o “Contamentiras”, sobre o Pintor español Velázquez.

Tamén se creou un libro xigante sobre Frida.

              

 

 

 


Powered by Drupal - Design by artinet