Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

ENTROIDO!

Boas familias!

Xa todos comezamos a ter presente que o Entroido comezou ou vai a comezar, polo que desde o CEIP Sarreaus tamén o queremos celebrar.

Se destas festas queres desfrutar, as miñas ordes deberás escoitar:

LUNS: "O luns trae unha gravata, para non meter a pata".

MARTES: "Trae bata, ademais de gravata".

MÉRCORES: "Pelos loucos debes levar, para poder xogar".

XOVES: "Para non perder o sexapil, trae da túa casa un mandil".

VENRES: "Para bailar e cantar, disfrazado do que queiras, terás que estar".

 

Desexamos que pasedes un moi bo ENTROIDO!

Unha aperta!

SAMAÍN

O Samaín chegou ao noso cole!

Fixemos unha pequena decoración para ambientar a nosa escola cun aspecto terrorífico!

Ademais, tamén se fixo un concurso de cabazas, nos que resultaron gañadores, Uxía de 4º de Educación Infantil e, Rubén de 6º de Educación Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut