Boas familias!
Xa todos comezamos a ter presente que o Entroido comezou ou vai a comezar, polo que desde o CEIP Sarreaus tamén o queremos celebrar.
Se destas festas queres desfrutar, as miñas ordes deberás escoitar:
LUNS: "O luns trae unha gravata, para non meter a pata".
MARTES: "Trae bata, ademais de gravata".
MÉRCORES: "Pelos loucos debes levar, para poder xogar".
XOVES: "Para non perder o sexapil, trae da túa casa un mandil".
VENRES: "Para bailar e cantar, disfrazado do que queiras, terás que estar".
Desexamos que pasedes un moi bo ENTROIDO!
Unha aperta!