Complementarias

SIMULACRO DE INCENDIO

O pasado venres 13 fixemos no colexio un simulacro de incendio para probar o novo Plan de Autoproteción. Cando detectamos o fume tocouse a alarma  e chamamos ao bombeiros.O alumnado saiu das aulas con moita rapidez xuntándose nos puntos de encontro ( un para ed.infantil e outro para primaria). Nus minutos os bombeiros apareceron, atoparon a dos nenos perdidos e remollaron ao alumnado de primaria coa auga das mangueiras. Todo funcionou sobre o previsto ainda que houbo algún neno que se asustou.O alumnado está preparado para unha emerxencia.

ELABORACIÓN DE SUSHI

O día 2 de xuño o alumnado do 3º ciclo, asistimos a unha demostración de elaboración de
sushi.
Fernando, o pai cocinero de dous alumnos do colexio, comezou cunha explicación do que é o sushi e dos diferentes tipos de
“makis” (rolos ) que existen; uramaki, temaki, hojomaki, futomaki, gunkanmaki.
Rematadas as explicacións mostrounos como se elaboran cada un deles, ao finalizar
probámolos todos, estaban boísimos!
Gracias, Fernando

VISITA A VITRASA

O venres 24 de maio, os alumnos de 4º de primaria sairon a visitar a compañía viguesa de transportes ( VITRASA)

Un autobús urbano recolleunos no colexio e levounos ata  ás súas instalacións. En canto chegamos presentouse una monitora que nos explicou a historia desta empresa  e os autobuses que teñen na súa flota , desde os mais antiguos ata agora.

Despois fomos ao taller , para ver como se arranxan os motores, como se colocan as rodas, os  fosos  e.t.c.  Pasamos logo a una cabina na que dous traballadores fixeron a delicia dos nenos cunhas  explicacións asombrosas  sobre soldaduras con estaño , tarxetas de memoria …e demostracións prácticas que acapararon totalmente a atención e fixeron que o tempo pasara voando.

Visitamos a sala dos ordenadores que controlan toda a rede de autobuses da cidade e falamos pola emisora cunha conductora moi amable,tamen pasamos pola Caixa forte onde se gardan as recaudacións e fixemos una foto coa mascota de vitrasa.

Convidáronnos  a refrescos ,patatillas e caramelos  e regresamos ao colexio no bus turístico de dous pisos que nos fixo moita ilusión.

Os nenos comportáronse estupendamente e a visita resultou moi interesante e amena.

FUNDACIÓN BARRIÉ-O ÁBACO

Os alumnos de 2º de EP visitamos a Fundación Barrié e traballamos nun taller de matemáticas facendo distintas actividades co ábaco. Aprendimos a calcular mentalmente de forma lúdica e creativa.

VISITA MUSEO LISTE 3º CICLO

O xoves, día de 13 de febreiro os alumnos e alumnas do terceiro ciclo, xunto coas nosas titoras, fixemos unha visita ao Museo Etnográfico Liste. Percorremos as nove salas de exposición permanente coas que conta o museo, e que albergan un total de 2.500 pezas que reflexan diversos aspectos da culura galega.
Cada unha destas salas abarca un aspecto diferente:
• A cultura do centeo (semente, recollida do cereal, transformació alimentaria...)
• A roda tradicional (a roda e os carros)
• A simboloxía dos oficios ( oficios rurais tradicionais)
• O peche (As formas dos peches nas vivendas e anexos)
• Os tecidos (a transformación das fibras testís tradicionais)
• A madeira escavada (artesanía nos materiais empregados para confeccionar ferramentas...)
• A luz (mostras de candís e outras formas de luz artificial)
• As materialidades da fe
• A arte de curar
Tamén visitamos a sala de exposicións temporais que neste momento estaba adicada a elaboración dos selos de caucho e acollía o mobiliario e útiles de traballo procedentes do taller “Hijas de J. Nieto”.
Foi unha visita moi interesante e entretida

CHARLA DE ASTRONOMÍA

En Abril, os nenos de 6º de Ed. Infantil e os de 1º, tivemos a sorte de ter unha mestra moi especial... unha profe da Universidade de Vigo de Astrofísica! Explicarnos moitisimas cousas da nosa Terra, do Sistema Solar, da Galaxia Via Láctea, do Universo en xeral.Foi moi ameno e ao rematar fixemos unha pequena práctica do que acontece cando un meteorito choca contra unha superficie como a Terra ou a Lúa.

VISITA AO AEROPORTO

O día 4 de Abril os nenos de 1º visitamos o Aeroporto de Peinador. Alí explicáronnos  como debemos facturar as maletas, como funciona o control de seguridade, e como sería o proceso de embarque. Tamén puidemos ver una maqueta do aeroporto. Na segunda parte da visita, fomos ver os bombeiros que traballan no aeroporto(os camións e as súas vestiduras ), así como as aves(águia e lechuza) que espantan a outras aves das pistas para que non se produzan accidentes. Foi unha saída moi divertida e na que aprendemos moito!

TEATRO EN INGLÉS

Espectáculo divertido, motivador, musical e participativo.

A Música feita en directo: Acordeón, flautas, guitarra, pandeiro, tambor, panderetas…

Os animais da selva resolven os seus conflictos dunha maneira amistosa e colaborativa. 

A historia traballa os valores: amistade, cooperación, traballo en equipo, alegría, a paz para a comunidade de habitantes da selva.

Un espectáculo interactivo e musical.

O alumnado estivo traballando durante quince días un caderno de traballo de 22 paxínas aprendendo moitas expresións e vocabulario en inglés.

Traballamos as destrezas de expresión e comprensión orais , de expresión escrita e a interacción na primeira lingua estranxeira.

Unha experiencia tan satisfactoria para os rapaces que teñen ganas de repetir e vivir novas aventuras.

 

 

TEATRO-IMPÓRTANOS

O día 12 de decembro o alumnado do terceiro ciclo asistimos, no auditoiro do Concello de Vigo, ao espectáculo titulado “ Antía, Wamba e o regato pequeno”, a cargo de compañía de teatro A Tropa de Trapo.

        Neste espectáculo contáronnos catro contos, os mesmos que lle contou Wamba a Antía, un por cada anaco de bocadillo que ela lle regalou.

        Os contos de Wamba falaban de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir, de valorar o importante... contos para sentir e pensar.

        Ao final dixéronnos que a xente pequena coma nós, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo, xa que o río, como dicía a avoa de Wamba, énchese de regatos pequenos.

SAÍDA AO CENTRO HÍPICO ALAZÁN

Os/as nenos e nenas de Infantil estivemos na escola hípica “El Alazán”, onde disfrutamos de momentos máxicos e divertidos

cos cabalos e os ponis. En canto chegamos fixéronnos unha foto e un/unha a un/unha montamos nun cabalo moi simpático que despois nos

fixo unha demostración de todas as súas habilidades na pista de terra saltando diversos obstáculos. Unha vez feita a demostración veunos saludar e tocámolo todos/as.Tamén vimos aos ponis e visitamos as cuadras onde nos presentaron a todos os cabalos da escola hípica e, finalmente, ensináronnos o que comen.  Pasámolo moi bien e temos un recordo maravilloso desta experiencia cos cabalos.

Saída ao VERBUM, O mundo dos Monicreques

Primeiro e segundo curso visitamos O Museo Verbum.Os nen@s disfrutamos coa exposición e representación dos monicreques.Mostráronnos os elementos empregados na súa fabricación e a manipulación dos fíos.

O que máis nos gustou da actividade foi a interpretación dos monicreques.

VISITA A FARO DE VIGO

O mércores día 6 de novembro os alumnos e alumnas do terceiro ciclo, fixemos unha saída as dependencias do Faro de Vigo en Chapela.

            Ao chegar fixéronnos unha foto que saíu publica no especial “A Escola do Faro” do día 12.

            Unha vez dentro, comezaron por dicirnos que o Faro de Vigo é o “Decano da prensa nacional” e o que isto significa, tamén nos dixeron que neste mes o periódico cumple 160 anos. A continuación  comezou a visita, primeiro á redacción onde nos explicaron os pasos a seguir para realizar a enmaquetación das noticias, despois á sala de conferencias onde nos explicaron o siginificado dos diferentes termos periodísticos (sección, antetítulo, entradilla, destacado, pie de foto, entrevista,... ) e tamén vimos un vídeo no que nos mostraban a andadura do Faro dende os seus comezos ata hoxe en día. Para finalizar visitamos o rotativo que non puidemos ver en funcionamento xa que é a partir das doce da noite cando comeza a traballar.

            Foi unha visita moi entretida e aprendemos moito.

VISITA AO MUSEO LISTE

O día 5 de Novembro visitamos o Museo Liste. Ao chegar, agardábanos unha sorpresa… íamos celebrar a festa do Samaín!   Contáronnos a lenda desta tradicción,  coñecimos a Bruxa do museo que somentes se fai visible nestas datas…e presentounos a alguns trasnos amigos seus ¡Qué divertido! ¡Canto rimos!

 Despois as monitoras guiáronnos polo museo explicándonos para que se empregaban todos aqueles aparellos antigos que tal vez usaron os nosos bisavós…  O tear para tecer o liño e o algodón, a prancha de carbón , as artesas, chaves enormes de ferro, graneiros no tronco dos castiñeiros, farois e semáforos de barco, pócimas de curandeiros, o torno dos conventos de clausura, a roda do afiador, a palmeta do mestre…o caxato do pastor… uf! Unha chea de cousas que nunca viramos. Foi moi interesante e pasámolo moi ben.

VIGO RECICLA

 


O 8 de outubro os nenos de 2º,3º e 4º de Primaria recibimos no Colexio a Recicliño e Recicliña, uns héroes vigueses da Reciclaxe (Son os que máis reciclan de Galicia) e nós queremos ser coma eles!!).

Ensináronnos como separar na casa os productos reciclables e levalos aos colectores sen equivocarnos,pois hai algún que teñen trampa… e hai que fixarse ben. 

Tamén nos advertiron que antes de reciclar, se é posible, é mellor reutilizar.

Mirade as bolsas e camisetas que nos regalaron!!

NACEMENTO MARINO

Moitísimas grazas e moitas felicidades a todos os papás e mamás que participáchedes na elaboración das figuras do Nacemento. Quedou fermosísimo e aquí tedes boa mostra diso. Hai figuras do máis orixinal todas elas elbaboradas con produtos procedentes do mar principalmente. Tamén podedes ver o Papá Noel que está cargadiño de agasallos na entrada do cole, e a árbore de Nadal decorada coas estreliñas que tan bonitas lles quedaron ós nenos e nenas e que con tanto coidadiño fixeron. DE NOVO GRAZAS!!

 

VIGOLANDIA: "A MÚSICA NO NADAL"

Neste nadal, os nenos e nenas do cole participarán no concurso de Vigolandia polo que elaboraron debuxos que aquí se presentan. Esperamos que disfrutedes destas pequenas obras de arte.


O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR-Campaña para o fomento do consumo de peixe

      No presente curso continuamos coa experiencia iniciada en anos anteriores para o fomento do consumo de peixe “O sabor da aventura está no mar “promovido pola Consellería de Educación e o FROM  do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Grazas a este programa contamos coa degustación de 9 pratos cocinados a base de peixe e a realización de diferentes obradoiros para achegar o pescado aos nosos alumnos.

     Os peixes que degustaron os nenos foron: pescada, troita e rodaballo; e os pratos cociñados foron: fideua , croquetas  e empanada de peixe.


 

 

 Os nenos e nenas fixeron numerosas actividades entre as que aprenderon datos sobre a pesca que puxeron en práctica.

 

Os peixes tiñan moitas propiedades que non coñecían e que os deixaron abraiados!!

 

 

Tamén receitas moi interesantes con eses peixes. E despois de todo levaron o seu agasallo de mariñeiros e mariñeiras.

Para finalizar os monitores disfrazáronse de condes e comeron cos nenos no comedor o prato de peixe dese día.

Distribuir contido