Semana do Libro

Desde o 22 ao 26 de abril celebramos no cole a Semana do Libro. As actividades que se propoñen axudan incentivar e animar ao interese hacia a lectura e literatura. O alumnado expresou que é para elas e eles un libro (a través do debuxo, de versos...), e chegamos á conclusión de que temos verdadeiros lectores e lectores inmersos nun mundo de imaxinación.

 

 

E tamén contamos coa colaboración das familias, as cales axudaron ao noso alumnado a preparar maquetas dos seus libros favoritos. Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración.