Skip to Content

 

                           

Día do libro

Este xoves 23 de abril celebramos o día do libro, algo especial... dende as nosas casas... Desde a editorial Santillana invítannos a entrar na súa páxina e poñerlle cara os autores dos libros que coñecen , que xa leron ou entrar en novas historias. Neste enlace podedes acceder aos diferentes vídeos.

 

 

Nestes enlaces podedes atopar contos para ler e ver, entrade sen medo, e gozade deste experiencia nova dende a nosa casa. 

 

Por último, propoñémosvos que deixedes un comentario có título do voso libro favorito para que os vosos compañeiros poidan coller ideas.

 

 

 

Comentarios

¡VOY A COMEDTE!

¡VOY A COMEDTE! está escrito por Jean-Marc Derouen e ilustrado por Laure du Faÿ. 

Trata sobre un enorme e malvado lobo tan torpe que en vez de dar medo fainos rir e dous coelliños que o queren enganar...  

Este conto é moi curto e ten bastante diálogo polo que é perfecto para os nenos que se están iniciando na lectura e incluso para ser interpretado, impostando á voz dos seus protagonistas. 

Sen dúbida, gustará aos máis pequenos da casa pero tamén aos máis maiores, resulta divertido e moi orixinal cunha ilustración de gran colorido que lles encantará. 

Cocorico

Cocorico é unha adaptación libre dun conto tradicional birmano que trata sobre a necesidade de escoitar os bos consellos, do importante que é cumprir as promesas e da dificultade que supón aprender a compartir. Un conto fantástico para os nenos de 3-6 anos que soe ser as delicias de todos eles. 

Natalia. 

El PEZ ARCOIRIS

Un cuento que podrán disfrutar los peques de a partir de 4 años, el cual trata el valor de compartir y trabajar el egoísmo. 

El Pez arcoiris es el más bonito del océano. Todos admiran sus brillantes escamas de colores. Un día un pececito azul le pide una escama, pero el pez arcoiris de malos modos se niega...si queréis saber más, ya sabéis...a leer!

Eva

Charlie y la fábrica de chocolate

Un libro para leer a partir de 12 años de Roald Dahl

Charlie conseguiu un billete dourado, o que significa que será un dos afortunados que visitará a fábrica de chocolate do extravagante Willy Wonka. Con Charlie aprenderemos valores como a xenerosidade e a responsabilidade mentres nos divertimos.

Jana

Matilda

Un libro para leer a partir de 12 años, de Roald Dahl

Matilda es la niña más especial que conocerás jamás. Sin haber cumplido los cinco años ya ha leído un montón de libros, aunque sus padres la consideran una inútil. Cuando entra en su nuevo colegio y conoce a la señorita Honey descubre que tiene una habilidad maravillosa. Una historia que recordarán para siempre.

Jana

Contos por teléfono, de Giani Rodari

Contos breves cheos da fantasia e os xogos da linguaxe ás que nos ten acostumados o gran Giani Rodari. Ideais para pasar o confinamento e deixar voar a imaxinación...



page | by Dr. Radut