Skip to Content

 

                           

CURSO 2020/21

SEMANA DA PRENSA

O alumnado de 6ºEI descubre o espazo, o sistema solar e as fases da Lúa usando as letras do xornal.

SEMANA DA PRENSA

Os nenos de 4º de Educación Infantil buscan as letras do seu nome nos diarios. Encántanos aprender!!!


DÍA DA MULLER

Escribimos o nome da muller máis importante da nosa vida. 

Día de Rosalía

En todas as nosas aulas se celebrou o día de Rosalía por todo o alto!

 

Álbum: Celebracións 20/21 -> Rosalía

Día da Lingua materna

Este domingo 21 celebramos o Día da Lingua Materna

Actividade de dinamización lingüística que se emitirá a través de internet

Puño,  puñete, de  Baobab Teatro, é unha orixinal proposta dirixida a nenos e nenas de 1 a 7 anos e ás súas familias, que está orientada a ofrecerlles a estas recursos para cantar e contar en galego cos seus fillos e fillas. Ao mesmo tempo, combinando as rimas, as cantigas e os contos, convida os nenos e cativas a descubrir un mundo de sensacións e de emocións a partir xogo tradicional -Puño,  puñete, que tes por dentro? -Pan e fermento! -Puño,  puñete, que tes por fóra? -Pan e cebola!?

ÁS 11:00 desde a Cidade da cultura de Galicia. Pódelo seguir aquí en streaming:  https://bit.ly/3uau7Ie

 

Día Internacional da Educación

Durante esta semana de xaneiro  os alumn@s de Educación Primaria e Infantil están traballando o conto de El lápiz mágico de Malala. O conto relata parte da vida de Malala Yousafzai e de como foi a súa infancia crecendo nun lugar destrozado pola guerra. Malala recibiu o Premio Nobel da Paz en 2014, pero segue loitando polos dereitos dos nenos e nenas.

A historia cóntanos que Malala cando era nena desexaba ter un lapis máxico para con el debuxar cousas que logo se fixeran reais. Decidiu converter aquel lapis máxico co que soñaba de nena nun lapis de verdade. Con el escribiría sobre os desafíos que ía atopando: homes armados que pecharon as escolas privadas e prohibiron ás nenas asistir a clase.

Con este libro aprendemos que hai outros lugares no mundo, diferentes ó noso. Nalgúns deses lugares os nenos e as nenas non son iguais, e ir á escola é un privilexio.  Deste xeito intentamos inculcar que un mundo mellor é posible evitando as diferenzas e fomentando a igualdade de oportunidades.

 

CONTO. Pica aquí

No seguinte vídeo podedes ver o que debuxaría na Educación o alumnado de 6º de Educación Infantil se tivera un lapis máxico. Pica na imaxe

 

Alumnado de 6º de primaria 

Durante anos, Malala loitou nun blogue cun  pseudónimo a favor da educación das nenas no Paquistán dominado polos talibán, pero logo de dous anos que cambiaron radicalmente a súa vida hoxe é a persoa máis nova en gañar o Premio Nobel da Paz.

A paquistaní de 17 anos converteuse nunha das voces máis fortes da educación infantil, en especial das mulleres en países onde o extremismo relixioso marxínaas desa oportunidade.

Pica na imaxe para ver o vídeo que fixeron os alumnos e alumnas de 6º de primaria

Preparándonos para o Día da Paz

Eliximos o día perfecto para practicar a Oda á alegría coas nosas frautas...vento, chuvia, aire, frío... Primeiro día despois do inicio do curso. Non pinta mal a cousa :)

 

Pinchade na imaxe para ver o vídeo

ESPECIAL FESTIVAL DE NADAL 2020

 Se pinchades na imaxe accederedes ao festival "virtual" de este ano 2020

Se tedes problemas coa súa visualización, simplemente accededes introducindo o voso correo de gmail arriba a dereita

 

https://drive.google.com/file/d/1y__2vfAosPOIvV5hgj3Ks4s1qq-1C-En/view?u...

 

ESTE VÍDEO FOI REALIZADO CON INTENCIÓN MERAMENTE PEDAGÓXICA. NON ESTÁ AUTORIZADO O SEU USO, COPIA OU DISTRIBUCIÓN FORA DO ENTORNO EDUCATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL.

Distribuir contido


by Dr. Radut