O prazo para presentar solicitudes de admisión para novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 20 do mesmo mes.
As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro educativo ou ben chamar ao 881151190.
Os impresos de solicitude pódense coller no colexio de 8:45h a 14:15h, tamén se poden descargar premendo aquí: Solicitude de admisión ordinaria
Normativa de aplicación:
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Calendario de aplicación:
1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
2. Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
3. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
4. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.
5. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
6. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.
7. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.
Vacantes para o curso 2023/2024
Curso
|
Prazas por curso
|
Permanencias
|
Vacantes
|
4º Inf.
|
50
|
0
|
44 + 6*
|
5º Inf.
|
50
|
38
|
12
|
6º Inf.
|
50
|
43
|
7
|
1º Pri.
|
50
|
47
|
3
|
2º Pri.
|
50
|
34
|
16
|
3º Pri.
|
50
|
52
|
0
|
4º Pri.
|
50
|
45
|
5
|
5º Pri.
|
50
|
31
|
19
|
6º Pri.
|
75
|
55
|
20
|
* Estas 6 prazas son prioritarias para alumnado con NEAE, de non ser cubertas, pasan a ser vacantes ordinarias.