Skip to Content

AVISOS

 


Para calquera incidencia coa apliación Abalarmóbil, non dubidedes en chamar ao colexio ou acudir á dirección para solucionala


 

XESTIÓN DOCUMENTAL NA NUBE

Esta novidade permitirá realizar xestións cotiás en rede e tamén consultar moitos documentos do colexio. Acceder premendo a continuación:

XESTIÓN DOCUMENTAL CEIP SAN TOMÉ

 

Observa acción

O noso centro participa no programa educativo Observa Acción, organizado polos Centros de Formación e Recursos da Consellería de Educación.

Consiste na colaboración entre dous centros educativos da comunidade que teñen que intercambiar visitas e experiencias. No noso caso, as nosas compañeiras de viaxe foron as mestras do Ceip Concepción Arenal da Coruña.

Tras visitar o seu centro e compartir unha xornada de traballo, tocounos realizar a xornada de acollida e mostrar as nosas instalacións e dinámicas de traballo.

Destas xornadas de observación saíron colaboracións e ideas interesantes para mellorar a práctica docente nos dous colexios.

Punto laranxa

Na seguinte presentación poderás acceder a toda a información sobre o punto laranxa.

 

Admisión 2024/205 (número de solicitudes por curso)

SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

 

Nivel

Número de vacantes

Número de solicitudes

4º de infantil (3 anos)

40

36

5º de infantil (4 anos)

0

0

6º de infantil (5 anos)

1

1

1º de primaria

0

2*

2º de primaria

0

0

3º de primaria

1

2*

4º de primaria

0

0

5º de primaria

0

1

6º de primaria

7

0

 

En 4º de infantil (3 anos) ao haber menos solicitudes que vacantes, non será necesario baremar, polo que todas/os están admitidas/os.

*En 1º e 3º de primaria será necesario baremar e agardar a resolución para coñecer o alumnado admitido.

PROCESO DE ADMISIÓN 2024/2025

 

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

1 ao 20 de marzo

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Impreso de solicitude (pode pedirse en secretaría)

  • DNI ou libro de familia de todos os membros computables da unidade familiar.

  • Sentenza de separación (de ser o caso).

  • Documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN (NO CASO DE BAREMAR)

  • Días hábiles entre o 21 de marzo e o 5 de abril.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

25 de abril

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS

15 de maio

PERÍODO DE MATRÍCULA

Do 20 ao 30 de xuño

DÚBIDAS E VISITAS Á ESCOLA

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro en horario lectivo ou chamar por teléfono ao 886151190.

Para realizar visitas , concertar a data e hora da mesma coa dirección do centro .

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

Distribuir contido


by Dr. Radut