O noso centro participa no programa educativo Observa Acción, organizado polos Centros de Formación e Recursos da Consellería de Educación.
Consiste na colaboración entre dous centros educativos da comunidade que teñen que intercambiar visitas e experiencias. No noso caso, as nosas compañeiras de viaxe foron as mestras do Ceip Concepción Arenal da Coruña.
Tras visitar o seu centro e compartir unha xornada de traballo, tocounos realizar a xornada de acollida e mostrar as nosas instalacións e dinámicas de traballo.
Destas xornadas de observación saíron colaboracións e ideas interesantes para mellorar a práctica docente nos dous colexios.