Skip to Content

Axudas para material escolar e fondo solidario de libros de texto

 

Do 21 de mario ata o 22 de xuño estará aberto o prazo para presentar as solicitudes para material escolar  e fondo solidario de libros de texto. 

Informamos de que temos libros de 3º para todo o alumnado, polo que, se presentades a solicitude, seredes beneficiarios e recibiredes o préstamo dos libros.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Nós ofrecemos a posibilidade de facer o trámite vía telefónica, chamando ao 881 151191 para cubrir a solicitude, sendo necesario posteriormente vir ao colexio para asinala e traer a documentación complementaria (libro de familia ou certificado de convivencia, certificado de discapacidade, acreditación de ser vítima de violencia de xénero). 

 

Orde que regula procedemento.

 



page | by Dr. Radut