Skip to Content

Axudas para material escolar e fondo solidario de libros de texto

Dende o 19 de maio ata o 22 de xuño poderanse solicitar as axudas para material escolar e a participación no fondo solidario de libros de texto.

As solicitudes poderán presentarse na sede electrónica ou ben no colexio.

Co fin de facilitarvos o trámite e axilizar o proceso explicamos os pasos a dar:

1. Facilitar o número do DNI do solicitante vía telefónica ou en secretaría.

2. Comprobación dos datos existentes na aplicación (tamén por teléfono ou presencial).

3. O centro imprimirá a solicitude xa cuberta.

4. A solicitude debe ser asinada e presentada xunto coa copia do libro de familia, e, de ser o caso, a sentenza de separación ou convenio regulador, certificado de discapacidade e documentación acreditativa de ser vítima de violencia de xénero.

Podedes consultar a convocatoria no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-020522-0001_gl.pdf



page | by Dr. Radut