Skip to Content

Curso 2013/2014

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA-OUTONO 2014

O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes convoca axudas para participar nun programa de inmersión en lingua inglesa para grupos de alumnado de 6º curso de Educación Primaria ou de 2º curso de ESO, matriculados en centros sostidos con fondos públicos das Comunidades Autónomas. Cada grupo irá acompañado dun profesor/a de inglés e doutro profesor/a do seu centro educativo.

AUXILIAR DE CONVERSA

Para o curso 2014 - 2015 foi adxudicada ao noso Centro a Auxiliar de Conversa Anne Lauren Hodkiewicz, de nacionalidade estadounidense. (Os auxiliares de conversa son estudantes ou profesores nativos que son destinados por un curso aos centros bilingües -ou plurilingües- para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país. Colaborará coa mestra de Inglés nas clases desa lingua, así como na área de Plástica, en 6º curso).

SUBVENCIÓN DO CONCELLO

No seu momento participouse na convocatoria, feita polo Concello, de subvencións de concurrencia destinadas a Centros de Ensino para o ano 2014. Esta Entidade acaba de resolver concedernos 370,50 € , dos que 262,50€ son destinados a actividades e 108 € a unha viaxe cultural.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

No Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2014 sae publicada a Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014-2015.

REUNIÓN PAIS DE NOVO ALUMNADO

 O alumnado de tres anos admitido para o vindeiro curso, visitará o Colexio o próximo luns, día 26, ás 11 da mañá,  co fin de coñecerse entre eles, interactuar  co resto de compañeiros de Infantil e ter un primeiro encontro coas mestras da Etapa. Aproveitarase a ocasión para que os pais e nais do alumnado de nova incorporación ao Centro poida coñecer o mesmo e as características que lle son propias  nunha xuntanza que manterán coa directora, Marisol.

XORNADA LECTIVA EN SESIÓN ÚNICA

Ante a solicitude feita á Xefatura Territorial acerca da viabilidade dun horario para implantar a xornada lectiva única, a resposta recibida foi a seguinte:

"O horario solicitado con preferencia polo centro é incompatible coa saída dos IES. Para solventar esta incompatibilidade habería que levar a saída ás 14:55 h., pero aquí se presentaría a incompatibilidade coa saída do CEIP Cespón e coa entrada do CEIP Abanqueiro.

En consecuencia:

O horario solicitado suporía, en calquera caso, custo económico adicional, polo que se informa como non viable."

PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA

O Consello Escolar vén de aprobar a solicitude do Plan de Mellora da biblioteca escolar. O Centro presentou a documentación necesaria, na que se inclúe unha memoria de actividades realizadas nos últimos dous anos e un  proxecto de cara á dinamización da biblioteca para o curso 2014-2015.

Distribuir contido


  

by Dr. Radut