Skip to Content

Curso 2010/2011

Almorzos saudables

Xa é a 3ª edición dos almorzos saudables no noso colexio. A semana do 4 ao 8 de outubro as nenas e nenos do CEIP Santa María do Castro tiveron a oportunidade de disfrutar dun almorzo en toda regla. Houbo froita, zumes, torradas,  leite, aceite de oliva, queixo...

 

Esta actividade é fundamental tendo en conta a porcentaxe  que hai en España de nenas e nenos que non almorzan. Tamén está o caso daqueles que almorzan pero de maneira insuficiente; neste caso referímonos á ausencia de lácteos, pan, cereais e froita nesta comida.

Nova Sección

 

Inauguramos unha nova sección en relación ao Departamento de Orientación: Reflexións. Neste apartado ides ir atopando reflexións que poden ser de axuda para a educación dos nenos e nenas que están en idade escolar.

NOTA INFORMATIVA

 

 

O mércores, día 29, está convocada unha folga xeral. É posible que o/a mestre/a do seu fillo/a secunde esta folga.

Reunión inicio de curso - Educación Infantil

O vindeiro xoves 9 de setembro convocamos a tódolos pais/nais dos nen@s de educación infantil a unha reunión de inicio de curso na que recordaremos algunhas normas e vos informaremos dos horarios, material, etc. A reunión celebrarase na biblioteca do centro ás 11 h. da mañá.
Distribuir contido


  

by Dr. Radut