Skip to Content

CONCURSO ENREGUÉIFATE. GAÑAMOS!!

O alumnado de 6º de primaria participou no concurso "Enreguéifate". Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Hai uns días recibimos a boa nova de que somos un dos coles gañadores deste certame na categoría escolar "mais reivindicativa".

Podes ver a noticia no seguinte enlace.

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=23174

Podes ver os videos premiados na seguinte ligazón:

https://enregueifate.gal/edicion-2024-ganadores/

O mércores 3 de abril haberá unha entrega de premios no Teatro principal de Santiago de Compostela.

 

 

 



  

story | by Dr. Radut