Skip to Content

CONVOCATORIA FONDOLIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-2024

Estimadas familias:

Publicouse a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). 

PRAZOS: Do 20 de maio ao 21 de xuño (incluído)

SÓ SE PRESENTARÁ UNHA SOLICITUDE POR FAMILIA, a non ser que os/as fillos/as estean admitidos en centros educativos distintos (colexio e instituto); nese caso deberase presentar unha solicitude en cada centro educativo. O alumnado de 6º de primaria deberá presentar a solicitude no Instituto.

Existen dous xeitos de presentala:

-Sede Electrónica. Deberán acceder ao procedemento ED330B da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, cubrir a solicitude e enviala.

-Presencial. Deberán imprimir a solicitude ou pasar polo centro a recollela impresa (ANEXO I e ANEXO II asinados), cubrila e asinala correctamente (os dous proxenitores en caso de separación) e presentar esta solicitude e, de ser o caso, a documentación que necesite axuntar neste centro educativo.

Ao igual que en anos anteriores, a adxudicación vai en función da Renda Per Cápita da Unidade Familiar, lembrando que o teito das axudas está en 6000€ e 10000€ en cada un dos grupos.

NOTA: Este curso hai pequenas variacións en canto ao que se consideran membros computables da familia e, no caso de ter que facer enmendas á documentación, deberán ser presentadas obrigatoriamente a través da Sede Electrónica.

 

 



  

page | by Dr. Radut