Skip to Content

ACTIVIDADES ESPAZO FAMILIAS BOIRO

Dende a Asociación EspazoFamilias Boiro creamos unha ENAPA colectiva na que estamos representados todos os centros de ensino do Concello.

A través desta organizamos unhas xornadas para familias e persoas interesadas na poboación infantil xuvenil. A temática que as vertebra é o impacto da tecnoloxía na infancia e na adolescencia. O obxectivo, analizar as relacións e os riscos do ecosistema dixital no que se desenvolve a rapazada de Boiro e fortalecer as nosas ferramentas para conseguir un uso inclusivo e saudable das Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación.

Estas xornadas estructúranse en 5 faladoiros que darán comenzo o 24 de febreiro. Para todos eles haberá servizo de canguraxe, para que o coidado da rapazada non nos impida acudir a informarnos e formarnos.

É preciso realizar preinscripción a tráves da web, no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfarckvchLt7ic-9gFDPZIFviIg8dzz80X5H5xWr6W6bErc8w/viewform

Adxunto video promocional:

 

https://tokapp.com/url/1r74piv1

 

Cartaz informativos sobre as xornadas:

 

https://tokapp.com/url/ta0iobcz

 

Cartaz informativo do primeiro faladoiro:

 

https://tokapp.com/url/p7yfc4o5

 

Animámosvos a facer un esforzo e participar nestas xornadas, xa que na prevención está a clave para mellorar o futuro da nosa rapazada.

AdxuntoTamaño
IMG_20220215_171308.jpg564.5 KB
IMG_20220215_171325.jpg544.16 KB


  

story | by Dr. Radut