Skip to Content

FESTIVAL DE NADAL

Organizado pola APA Loureda, tivo lugar onte, 10 de decembro, o festival de Nadal. Con este festival cumpríronse a un tempo varios obxectivos, e, todos eles con notable éxito.

Por un lado, estreábase o Salón de actos do Centro Social de Cabo de Cruz. Dito salón quedouse onte pequeno para acoller a cantidade de público asistente.

Por outro, pretendíase recaudar fondos para contribuir a sufragar os gastos das intervencións cirúrxicas da nena Paula e, dado o éxito de asistencia, seguro que o obxectivo se veu satisfeito.

Por último, levar a cabo o festival que tradicionalmente se vina organizando no Colexio.

Hai que agradecer e felicitar a todas as persoas que participaron, tanto na organización como na posta en escea dos números representados. Sublinar o feito de que  en dito festival estiveran representados diferentes sectores da poboación cabocrucense: gaiteiros, pandereteiras, cantareiras, as "chicas" do taller da memoria..., e, por suposto, o alumnado do Centro. Deunos a impresión que un acto deste tipo contribúe a unir ao vecindario, ao tempo que fai aflorar a vea artística que moitos levan dentro. 

Todas as actuacións estiveron magnificamente representadas e foron moi aplaudidas por todos os asistentes. Igualmente evidenciouse que este Salón de Actos é o marco axeitado para levar a cabo este tipo de festivais.

Unha vez máis, felicitacións aos "artistas" e a todas as persoas que adicaron o seu tempo e o seu esforzo para que esta tarefa fora todo un éxito. Parabéns, con todo o corazón!

En breve, poderemos ver fotografías do evento na galería de fotos desta páxina.



  

story | by Dr. Radut