Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Servizos do Centro

Complementarias

DÍA DA PAZ (30/01/2019)

Con motivo da conmemoración do Día escolar da Paz e da Non Violencia, os equipos de Actividades Complementarias e Extraescolares, Dinamización da Lingua Galega e TICs, elaboramos un vídeo que reflexara o sentir de todos e todas: A PAZ É PARA TODAS AS PERSOAS e no que participamos todos/as os membros do centro.

 

 

Festa fin de ano

Imaxes da celebración do Fin de ano 2016! Os rapaces e mestres recibimos o ano 2017 xuntos e pasando un rato moi agradable na discoteca Xata que se atopa en Caldas de Reis
 
 

Día do Libro 2017

Como cada 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro no Centro. Este ano, se organizou unha actividade chamada "Padriños Lectores", que consiste en que os alumnos, por parellas, escollen un libro da Biblioteca do Centro para contarlle ese conto os seus "apadriñados" lectores, que son distintos alumnos do centro dende a etapa de Infantil ata 6º de Educación Primaria.

A actividade foi todo un éxito, tanto pequenos como maiores pasaron un bo rato arredor dun libro. Deixámosvos unhas fotos da actividade!

*Se premedes na imaxe podédela ver ampliada

 

Ruta da Auga e Obradoiros

O pasado Mércores 26 de abril, os alumnos de 6º fixeron a Ruta da Auga de Caldas de Reis.

Esta ruta ten o seu punto de partida na propia carballeira de Caldas situada á beira do río Umia. Polo sendero, atopamos varios muíños restaurados ademais de diversos animais propios destes lugares e vexetación moi diversa.

Tras avanzar, nos adentramos no lugar de Segade onde chegamos ata a antiga "Fábrica da Luz", unha das primeiras centrais eléctricas de Galicia. Dende alí seguemos avanzando ata chegar o mirador e tomamos un par de fotografías.

Tras descansar uns minutos emprendemos a volta por outra ruta, que nos devolvería a Alameda de Caldas, xa que no Paseo Román López nos agardaba unha máis que interesante exposición de ciencia a conta do IES Aquis Celenis.

Alí os alumnos puideron practicar en distintos obradoiros de temática científica e lóxicomatemática con grandes resultados.

A nosa visita concluíu observando a erupción dun volcán.

 

Visita ó asilo de Caldas de Reis

O pasado Luns 24 de Abril, fixemos unha visita ó asilo de Caldas. Alí, aproveitando a conmemoración do Día do Libro, lemos uns contos ós maiores que nel residen. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos.

Antes de voltar para o cole, tivemos a oportunidade de plantar unha árbore! 

Aquí tendes unhas imaxes que resumen o noso día

SAÍDA A CALDAS

O venres, 7 de abril, os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron unha saída por Caldas de Reis. Visitaron a Biblioteca Municipal, onde escoitaron moitos contos e tamén visitaron o Mercado.