Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Entroido

Entroido 2021

Un ano mais, festexamos o Entroido no Centro, inda que sexa de xeito diferente. Aquí presentamos algunhas das actividades realizadas polo alumnado do Centro.

 

E aguí temos aos mais pequenos do cole, entusiasmados cos seus disfraces.

E aquí un recopilatorio dalgúns dos mellores momentos deste Entroido tan diferente.

ENTROIDO 2015 : VISITA DOS XENERAIS DO ULLA

Este ano, no centro, estivemos traballando o ENTROIDO GALEGO e esta foi a nosa temática para deseñar as nosas disfraces.

O pasado 12 de febreiro tivemos unha visita especial no centro. Viñeron os Xenerais do Ulla da parroquia de Santa María de Couso (A Estrada). Luis Souto explicounos todo acerca dos xenerais e ensinounos o traxe dos coros dos bonitos e o seu sombreiro así como as vestimentas dos correos e os xenerais que lucían.

Os mais pequenos, de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, encargáronse de representarnos os atranques (enfrontamentos dialécticos) e os vivas.

 

 

 

Grazas ós centinelas, correos e xenerais Alicia, Pedro, Brais, Marta, Tegra, Mencía, Carmela, Adrián e Lucía

(alumnado do CEIP Villar Panamá e o IES nº 1 de A Estrada) e a Luis, Iván e Manuel.