Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

FORMACION PARA FAMILIAS

 

O C.E.I.P. San Clemente de Cesar, en colaboración co CFR de Pontevedra, ofrece ás familias do noso centro unha videoconferencia na que se tratará o tema da Educación a Distancia, cos seguintes contidos:

-Abalar Móbil

-Conexión ás videoconferencias

-Aula virtual, entrega de tarefas

 

Haberá unha única quenda. Como o aforo virtual é limitado, as familias que queiran participar terán que confirmar a súa asistencia a través dos titores/as do alumnado, con plazo máximo ata o xoves 10 de decembro, pola mañá.

- VENRES 11 DE DECEMBRO, de 17:00 a 18:30

 

Nas seguintes ligazóns, podedes acceder a dous manuais nos que se explica cómo instalar a aplicación necesaria, así como as instruccións para acceder á videoconferencia no día sinalado.

- Manual para instalar Cisco Webex, premer AQUÍ

- Manual de acceso á videoconferencia, premer AQUÍ