Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Información COVID-19

Plan de Continxencia e Plan de Adaptación ao contexto COVID. Curso 2021-2022

Nos seguintes enlaces poden consultar o funcionamento do Centro adaptadas ao contexto COVID19 para este curso 2021-2022.

 

Plan de Continxencia. AQUÍ

Plan de Adaptación ao contexto COVID-19. AQUÍ

FORMACION PARA FAMILIAS

 

O C.E.I.P. San Clemente de Cesar, en colaboración co CFR de Pontevedra, ofrece ás familias do noso centro unha videoconferencia na que se tratará o tema da Educación a Distancia, cos seguintes contidos:

-Abalar Móbil

-Conexión ás videoconferencias

-Aula virtual, entrega de tarefas

 

Haberá unha única quenda. Como o aforo virtual é limitado, as familias que queiran participar terán que confirmar a súa asistencia a través dos titores/as do alumnado, con plazo máximo ata o xoves 10 de decembro, pola mañá.

- VENRES 11 DE DECEMBRO, de 17:00 a 18:30

 

Nas seguintes ligazóns, podedes acceder a dous manuais nos que se explica cómo instalar a aplicación necesaria, así como as instruccións para acceder á videoconferencia no día sinalado.

- Manual para instalar Cisco Webex, premer AQUÍ

- Manual de acceso á videoconferencia, premer AQUÍ

Criterios e Procedemento para a Distribución de Máscaras

 

Publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.

 ALUMNADO BENEFICIARIO:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) NON ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Forma de presentación da solicitude:

- Presentarase o anexo I e II xunto coa documentación que se precisa na Orde segundo a situación familiar de cada un.

- Os anexos poden recollelos na secretaría ou descargalos desde esta páxina web.

Prazo: do 16 ao 27 de novembro

- IMPRESO-SOLICITUDE

- ORDE COMPLETA

Plans de Adaptación ao Contexto COVID-19

Neste apartado podedes consultar á documentación relativa á adaptación do funcionamento do centro ao contexto COVID

Plan de recuperación horaria

Prezadas familias, Somos conscientes de que estamos vivindo momentos moi complexos, cheos de incertezas, que se escapan ao noso control. Isto fai que que a educación a nivel mundial se estea reorganizando, adaptando á nova realidade e sufrindo contastantes modificacións

Sabemos que a COVID-19 marcará para sempre as nosas vidas e formará parte da nova realidade. Desde a nosa escola estamos a facer todo o posible para recibir e acoller aos nenos e nenas coa maior seguridade posible, protección ante o virus e benestar para infancia.

Sen dúbida, isto supón un esforzo e implicación maior por parte de toda a Comunidade Educativa no referente a hábitos hixiénicos, organización de espazos, relacións interpersonais… Tendo en conta isto, o centro arrancou o día 10 e 11 de setembro con unha chea de inquedanzas e preocupacións. Considerábamos que a mellor maneira de garantir a seguridade do noso alumno era facer dous turnos de comedor para o que teríamos que modificar o horario do alumnado

Unha vez posto en práctica e analizando o seu desenvolvemento consideramos preciso replantexar esa primeira proposta de inicio do curso 2020-21 na cal o centro adicaba (40 minutos) ao servizo do comedor para dar cumprimento ás instruccións recollidas no protocolo COVID (versión 31 agosto 2020).

Nestes momentos comprobamos que temos posibilidade de recuperar ese tempo. Polo tanto, imos a proceder á súa modificación, pero non aos obxectivos que van seguir sendo os mesmos, garantizando a seguridade do noso alumnado e adaptándoo á nova realidade.

Este plan entrará en vigor o vindeiro xoves 1 de outubro.

Podedes consultalo en ADXUNTOS

 

Aproveitamos para informar que o vindeiro martes 29 de setembro ás 17.00h. teremos no pavillón unha reunión informativa onde explicaremos o plan de recuperación do horario xunto con todas aquelas dúbidas e inquedenzas que teñades. Esperámosvos!!!! 

Circular informativa

Para acceder a ela, premede no ficheiro adxunto

Circular informativa

Prezadas familias,

Esperamos que esteades levando a corentena o mellor posible e que teñades o máis

importante que é a saúde.

Seguimos a vivir unha situación extraordinaria, onde o cotiá agora nos parece extraordinario. Todo isto vai facer que teñamos un inicio do terceiro trimestre totalmente diferente ao que estabamos acostumados.

1. No ASPECTO ACADÉMICO temos varias cousas que comentarvos:

  • Nestes momentos seguimos á espera de instrucións acerca do que facer no 3º trimestre. En canto se reciban se comunicarán a través de Abalarmóbil, a páxina web do colexio e do Facebook do centro.
  • Para facilitar a continuidade co segundo trimestre, desde as diferentes titorías seguiranse enviando tarefas a través do correo electrónico e como novidade a partir de mañá, 14 de abril de 2020, as titorías de 1º,3º,4º e 5º de primaria empezarán a traballar co programa Snappet para o cal se poñerán en contacto con vós as titoras a través do correo electrónico ou a través de Abalarmóbil.
  • A titoría de 2º de primaria seguirá traballando con Snappet tal como o estivo facendo ata o de agora.
  • A titoría de 6º de primaria seguirá traballando a través do correo electrónico.
  • Dicirvos que esta información poderá sufrir algunha modificación en función das instrucións que se cheguen a publicar nos vindeiros días.

2. Informarvos tamén de que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional comezará a pagar este martes 14 de abril as AXUDAS DE COMEDOR.

Esta contía cubre o correspondente aos días lectivos desde a suspensión das clases presenciais ata o día 12 de abril. En calquera caso a vixencia das axudas ampliarase ata o 26 de abril, polo que máis adiante farase un segundo pago correspondente ao período restante.

Aproveitamos para enviarvos un forte abrazo. Estamos con vós, padecemos as vosas tristezas, compartimos a vosa esperanza e celebramos os vosos éxitos.

Cando todo acabe estaremos encantados de contaxiarvos a nosa alegría, o noso bo humor, o noso empuxe e a nosa ilusión.

Agrademos a vosa colaboración e transmitímosvos todo o noso ánimo ante esta situación que como sociedade estamos a padecer.

¡¡¡Podemos con isto!!!

 

 

                                                                                                                                 Equipo Directivo.

Circular informativa COVID-19

CIRCULAR INFORMATIVA

Prezadas familias :

O Presidente da Xunta de Galicia, o día 12 de marzo de 2020, anuncia entre as medidas a adoptar frente a alerta sanitaria polo coronavirus  COVID-19, que a partir do día 16 de marzo os centros quedarán pechados por un período de 14 días naturais, podendo ser prorrogadas. Ante calquera dúbida sobre o coronavirus o teléfono de información para os cidadáns é o 900400116.

Como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, e ante a recente declaración da Organización Mundial da Saúde (OMS) como pandemia a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional adopta as seguintes medidas a ter en conta en todos os centros docentes de ensino non universitario:

Queda suspendida todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, REFÓRZAT-E con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

Durante estes días  o alumnado deberá seguir facendo tarefas escolares pendentes e tamén aquelas que se lle van encomendar por parte do profesorado e que se lle comunicarán por diferentes vías ou ben,  por parte dos pais/nais/titores legais que poderán vir recoller no Centro ou facilitar unha vía de c ontacto. Para tal efecto, deberanse de seguir as instrucións que están colgadas tanto na páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanclementecesar e no Facebook da escola.

Aproveitamos tamén para informaros que, ata este momento, no colexio non temos coñecemento, nin se nos trasladou desde as familias ou desde as autoridades sanitarias, a existencia de ningún caso positivo de coronavirus entre o seu alumnado e  persoal laboral.

Agradecemos a vosa comprensión e apelamos á serenidade e á prudencia recomendada por todas as institucións.

Recordamos que segundo as previsións establecidas ata o momento, a data provisional de retorno ao centro é o 30 de marzo do 2020. De haber modificacións seredes notificados a través da páxina do centro e o do Facebook.

Recibide un cordial saúdo.

En Baltar a, 13 de marzo de 2020

O equipo directivo

Instruccións para o acceso ás tarefas escolares durante o período de peche da escola

Instruccións para a utilización de ensinanza On Line do CEIP San Clemente para o período de peche da escola.

Para acceder á información de tarefas escolares Online precísase un dispositivo con conexión a internet: teléfono móbil, tablet, ordenador, Ipad, playstation e outros.

1. Abrir o navegador de internet

2. Entrar en www.google.com

3. Buscar a palabra gmail

4. Entrar no primeiro enlace que aparece Gmail.com

5. Entrar en iniciar sesión ou en usar otra cuenta

6. En iniciar sesión escribir o correo electrónico do curso no que se queira entrar para ver as tarefas escolares de cada día

Correos electrónicos para titorías:

1º de primaria

Nome do correo: primeirosanclemente@gmail.com

2º de primaria

Nome do correo: segundosanclemente@gmail.com

3º de primaria

Nome do correo: terceirosanclemente@gmail.com

4º de primaria

Nome do correo: cuartosanclemente@gmail.com

5º de primaria           

Nome do correo: quintosanclemente@gmail.com

6º de primaria

Nome do correo: sextosanclemente@gmail.com

Inglés de infantil

Nome do correo: inglesinfantilsanclemente@gmail.com

Inglés de primaria

Nome do correo: inglesprimariasanclemente@gmail.com

Para poder escribir o símbolo @ pulsar no teclado ALTGR ao mesmo tempo que o número dous: ALTGR+2 (O número dous do teclado non do teclado de números da parte dereita)

7. Pulsar siguiente

8. Introducir contraseña do curso correspondente

Contraseñas para correos electrónicos das titorías:

1º de primaria

Contrasinal: sanclementemarta

2º de primaria

Contrasinal: sanclementepablo

3º de primaria

Contrasinal: sanclementesonia

4º de primaria

Contrasinal: sanclementemaria

5º de primaria           

Contrasinal: sanclementevanesa

6º de primaria

Contrasinal: sanclementechema

Inglés de infantil

Contrasinal: sanclementesusana

Inglés de primaria

Contrasinal: sanclementemaite

9. Pulsar en CONFIRMAR

10. XA ESTAMOS DENTRO DA CONTA COAS TAREFAS ONLINE

11. Picar nos correos electrónicos que envía cada mestre para poder acceder ás tarefas e explicacións para cada día lectivo sen clase.

12. As tarefas e correos se enviarán cada día a  partires das 20´00 horas para poder facelas durante o día seguinte.

 

Para poder enviar dúbidas, facer consultas sobre tarefas ou facer consultas importantes cos titores do centro:

Unha vez que estemos dentro dunha conta de correo de ensinanza ONLINE premer na parte esquerda da pantalla o botón de Redactar +. Este botón está debaixo do logotipo de Gmail 

En Para escribir esta dirección de correo:

consultasclemente@gmail.com

En asunto escribir o nome do neno ou nena e o seu curso

Picar debaixo de asunto e escribir a consulta que se queira facer co mestre do centro. Deben ser consultas públicas e non privadas porque a resposta se poderá ver no correo do curso e terán acceso a esa resposta tódolos alumnos dese curso. Só se deben facer consultas ou dúbidas sobre as tarefas do curso que colgan os mestres, non sobre outros temas persoais.

Picar en ENVIAR

A resposta será publicada na conta de correo onde se colgan as tarefas para cada día.