RECURSOS LETRAS GALEGAS

CARTA DA RAG.

RECURSOS PARA A PRIMAVERA DAS LETRAS.

TODA A INFORMACIÓN NOS ENLACES:

http://primaveradasletras.gal/

http://primaveradasletras.gal/contadenos-o-voso-dia-das-letras/

 academia.gal

A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras (http://academia.gal/primaveradasletras), unha iniciativa coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano..

Carlos Casares, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, e o seu universo vital e literario son o eixe das propostas didácticas deste ano. Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor desta celebración non se limite aos días previos ao 17 de maio. Deste xeito, desde finais do mes de febreiro estanse a publicar novas fichas didácticas e contidos interactivos.

As actividades propostas están interrelacionadas con diversos contidos do currículo escolar para facilitar un enfoque globalizador e interdisciplinar e a súa utilidade en calquera momento; poderanse traballar na aula, por exemplo, contidos de literatura galega, expresión oral e escrita, aspectos relacionados coa natureza, a xeografía, a historia ou a educación artística e a creatividade.

Como novidade, nesta segunda edición de Primavera das Letras ponse en marcha o certame Contádenos o voso día das Letras, no que os centros educativos poderán explicarlle á Academia como celebran o 17 de maio.

Alén de Primavera das Letras, lembrámoslle que a web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada.

 

Blogues do Sagrado

Iniciar sesión: Acceso