Blogues

Fin do libro OS MEGATOXOS E OS RETOS DA INTERNET

     Rematamos a lectura do libro e do noso mural coas actividades realizadas.

10ª Reunión. As IAs

     Na reunión de hoxe reflexionamos sobre a nova era dixital que traen as IAs; opinando sobre os paspectos positivos e negativos que poden ter. Despois segundo a lectura do libro indagamos sobre a necesidade de protexernos e creamos un documento con consellos para asegurar os nosos terminais e poñer as cousas difíciles a quenes fan o que non deben.

      

FAMILIAS LECTORAS

     Hoxe recibimos no colexio a MARÍA, que vou contarnos o conto "LA CEBRA CAMILA", una historia de María Núñez sobre una peculiar cebra. O pasamos xenial coa actividade que nos preparou; moitas grazas!

 

8ª e 9ª Reunión. Os videoxogos

      A reunión comenzou falando dos capítulos que tiñamos que ler e dando as nosas opinións. A reunión anterior rematara cunha pequeno xogo para o noso alumnado, descubrir os xogos reais que mencionanse no libro e outras referencias que facía o autor. Reflexionamos sobre eles e do porqué o autor os mencionaba; as súas orixes e aínda que temos dúbidas con algún, outros quedaron moi claros. Pasámolo xenial e aprendemos sobre mitoloxía grega!

        

7º Reunión. Os perigos dos retos e internet

     Nesta reunión, despois de comentar o sucedido nos capítulos do libro, reflexionamos sobre os perigos dos retos actuais e modernos que formula a historia do libro; visionamos un vídeo e realizamos carteis para unha campaña de concienciación para o demáis alumnado do centro.

  

7º Reunión. Os perigos dos retos e internet

     Nesta reunión, despois de comentar o sucedido nos capítulos do libro, reflexionamos sobre os perigos dos retos actuais e modernos que formula a historia do libro; visionamos un vídeo e realizamos carteis para unha campaña de concienciación para o demáis alumnado do centro.

Saída Educación Infantil

     O alumnado de Educación Infantil, de 4 e 5 anos, realizó unha saída ao Museo Provincial.

       

FALANDO CO CORAZÓN

     Remata o curso escolar cunha entrevista moi especial co xogador lucense do Río Breogán ERIK QUINTELA; agradecemos moito a súa colaboración e tamén a PABLO ABUÍN pola súa axuda.

     Este é o último programa no colexio do equipo de Falando co Corazón: NOE, CARLA, ANTÓN, LEO e LORENA. Queremos agradecerlles o seu esforzo, dedicación e ilusión na radio escolar. Desexamovos moita sorte na vosa nova andaina e que podades seguir facendo radio. Moitas grazas!

6ª Reunión. Capítulo 2 e 3

     Despois dun longo parón, polo cambio de membros, retomamos o club de lectura con novos lectores de 4º de primaria deixando un tempo para que cheguen ao capítulo que corresponda. Despois de falar sobre os capítulos; cada un creou o seu Avatar cun programa de ordenador. Quedaron moi reais!

    

                    

Saída 1º Ciclo

     O pasado venres o 1º ciclo de primaira realizou unha saída ao MUSEO ETNOGRÁFICO Y DE LA HISTORIA DE SAN PAIO DE NARLA no concello de Friol.

                   

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. Fase 2

      Rematada a 1ª fase onde o noso alumnado coñeceu as diferentes discapacidades: visuais, auditivas, motoras e intelectuais; pasamos a seguinte fase.

     Cos coñecementos adquiridos, cada aula elexiu un xogo adaptado, adaptou un xogo tradicional ou creou unha axuda para que os nenos e nenas con estas discapacidades podan integrarse no patio do colexio e xogar cos seus compañeiros.

     Invitamos a todoas as familias a ver a exposición na entrada da escola dos traballos realizados, dos que estamos moi orgullosos. Aquí tedes unha pequena mostra, aínda que merece a pena velo por vos mesmos.

    

      Educación Infantil  "Discapacidade Visual".

     1º Ciclo de Educación Primaria "Discapacidade Auditiva"

        

     2º Ciclo de Educación Primaria "Discapacidade motora"

                

     3º Ciclo de Educación Primaria "Discapacidade intelectual"

            

EXPERIENCIAS FAMILIARES

     Hoy recibimos la visita de BELTRÁN para contarnos como eran o xogosno barrio do Sagrado Corazón cando era pequeno, incluso como era o lugar sobre o que está o novo colexio. Así como a existencia da Asociación Xuvenil do barrio e a súa importancia, que nos prestou o xogo da RÁ . Posteriormente xogamos todos con el e ademais ás chapas, personalizadas por CLAUDIA e MATEO, moitas grazas polo detalle e por contarnos a túa experiencia!

    

FAMILIAS LECTORAS

     Nesta semana recibimos a MIGUEL, que nos trouxo unha recopilación de contos e historias. Moitas grazas por visitarnos, pasámolo moi ben!

Os maios en Infantil

     No mes de maio, o alumnado de 5 anos disfrutou da celebración desta festividade realizando un fermoso maio.

     Tamén plantaron leitugas na parcela do patio dedicada a horto escolar.

     Por último, todo  o alumnado disfrutou dun pequeno concerto a cargo do grupo Horto Escolar. Pasámolo xenial!

FAMILIAS LECTORAS

    Nesta ocasión acompáñanos unha nova nai, SILVIA. Veu contarnos o conto "LA FANTÁSTICA HISTORIA DEL RATONCITO PÉREZ" de Xavier Salomó e Martí Meritxell, unha nova misión máxica para este coñecido heroe. Moitas grazas por vir a contarnos esta historia!

Saída 5º Primaria

     O alumando de 5º de Ed. Primaria realizou unha saída a Casa-Museo Manuel María, situada na contorna do concello de Outeiro de Rei.

            

FAMILIAS LECTORAS

      De novo recibimos a unha nai, VICTORIA, que nos contou o conto "MISIÓN RESCATE" da autora CRISTINA OLEBY, unha historia con moita acción sobre un grupo de insectos. Moitas grazas por lernos este conto!!!

ASOCIACIÓN ENKI

     Hoxe no centro, despois das actividades realizadas no recinto das Pedreiras hai tempo, recibimos á asociacion ENKI, asociación sen ánimo de lucro que loita por un mundo máis inclusivo, principalmente para persoas con discapacidade no ámbito do deporte e o ocio.

    Ademais de informarnos, deixáronnos un fermosos mural do ALFABETO BRAILLE; que podedes contemplar no patio do colexio.

Día da Familia

     O alunmando de infantil celebrou o día 15 de maio o "Día da Familia"cunhas fermosas manualidades.

                   

Opiniones Catastróficas

     Neste programa opinarase sobre a necesidade de aprender Lingua de signos para poder comunicarnos caos persoas con discapacidade que o necesiten; esta idea xurdiu a raíz do traballo realizado para o proxecto do centro.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

     O xoves celebramos no centro o "Día das Letras Galegas" adicado a Luísa Villalta.

    Realizamos un mural cos debuxos presentados para o concurso, no que cada neno e nena levouse unha chapa personalizada como agasallo.

    Ademais seguindo o proxecto do centro, tivemos unha sesión de xogos tradicionais e populares para seguir coñecendo xogos de antaño; algúns xa coñecidos. Pasámolo moi ben!

             

Saída 1º Ciclo

     O alumnado de 1º ciclo realizou unha saída ao veterinario, onde observaron como traballan estes profesionais, unha experiencia extrordinaria!

         

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. 3º Ciclo Primaria

    Por último o alumando de 3º ciclo de ED. Primaria investigou sobre a discapacidade intelectual e a través dunha fermosa historia dannos a coñecer o que aprenderon.

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. 2º Ciclo Primaria

     O alumando de 2º ciclo investigou sobre a discapacidade motora, e realizou un programa de radio para dar a coñecer a persoas que teñen dita discapacidade, as súas características e necesidades.

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. 2º Ciclo Primaria

     O alumando de 2º ciclo investigou sobre a discapacidade motora, e realizou un programa de radio para dar a coñecer a persoas que teñen dita discapacidade, as súas características e necesidades.

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. Ed. Infantil

    O alumnado de Ed. Infantil estivo a investigar a discapacidade visual e realizou este programa de radio para dar a coñecer o que aprenderon.

Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. Fase 1

     Ao longo destes primerios meses do proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS, cada ciclo ou nivel estivo a dedicado investigar e aprender sobre unha discapacidade realizando diferentes actividades e recibindo charlas. Agradecer dende o centro a colaboración das diferentes asociacións que pasaron a realizar charlas e actividades de sensibilización. Aquí temos o resultado, un gran traballo.

  • ED.INFANTIL

    O alumnado de Ed. Infantil estivo a investigar a discapacidade visual e realizou este programa de radio para dar a coñecer o que aprenderon.

  • 1º CICLO ED. PRIMARIA

    Pola súa banda, o alumando de 1º ciclo estivo a investigar sobre a discapacidade auditiva. Realizando un conto cun vídeo para amosar o aprendido. Preme na foto para velo.

  • 2º CICLO ED. PRIMARIA

  O alumando de 2º ciclo investigou sobre a discapacidade motora, e realizou un programa de radio para dar a coñecer a persoas que teñen dita discapacidade, as súas características e necesidades.

  • 3º CICLO  ED. PRIMARIA

     Por último o alumando de 3º ciclo de ED. Primaria investigou sobre a discapacidade intelectual e a través dunha fermosa historia dannos a coñecer o que aprenderon.

Novidades Biblioteca. Especial Letras Galegas

     Chegan o "Día das Letras Galegas", dedicado á figura de LUISA VILLALTA. Para coñecela máis temos estas novidades na biblioteca.

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN

   O pasado venres 3 de maio tivemos no cole ao Mago David Méndez, a través da editorial Santillana, que deleitou a todo o alumnado do centro cunha gran actuación; pasámolo moi ben!

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN

   O pasado venres 3 de maio tivemos no cole ao Mago David Méndez, a través da editorial Santillana, que deleitou a todo o alumnado do centro cunha gran actuación; pasámolo moi ben!

Distribuir contido