Skip to Content

Equipo, Información do departamento

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con discapacidade. Declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, ten como obxectivo promover os dereitos e o  benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O departamento de orientación do centro recoméndanos  algúns recursos de interese tales como libros, contos e curtametraxes para abordar este tema coas nenas e nenos. Preme aqui para acceder a estes recursos

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O Departamento de Orientación é un órgano asesor e de apoio dentro do contexto xeral do Colexio, onde se proxectan, programan e coordinan as actividades dirixidas á orientación persoal e académica do alumnado.

FUNCIÓNS

  • ORIENTAR, axudando ao desenvolvemento persoal.
  • CAPACITAR, axudando ao desenvolvemento de potencialidades.
  • ASESORAR, dar información, ofrecer recursos no ámbito psicopedagóxico a pais, profesores/as e alumnos/as.
  • DIAGNOSTICAR, detectando posibles dificultades no alumnado.

Todas estas funcioóns teñen nunha finalidade PREVENTIVA e DE INTERVENCIÓN en estreita COLABORACIÓN cos demais órganos de Dirección e educativos do colexio.

MEMBROS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

  • 1 Orientadora. Xefa do Departamento.
  • 2 Especialistas en Pedagoxía Terapéutica.
  • 1 Especialistas en Audición e Linguaxe.

Colaboran con el D. de Orientación todos os titores e profesorado do centro.

LEXISLACIÓN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut