Skip to Content

INVITÁMOSVOS A UN RECUNCHO DE ENSOÑO

       


    Ao longo deste curso, a biblioteca continuou co seu proceso de mellora para achegar a toda a comunidade educativa as mil e unha historias que alí se atopan. Procuramos facer a todo o mundo partícipes das actividades desenvoltas nela, tales como: o festexo de Samaín (exposición cabazas), elaboración de tarxetas de Nadal, elaboración de contos e cómics (día do libro), contacontos, fomentar a participación no Entroido...


     Por outra banda, e con intención de motivar aos rapaces e rapazas á lectura e de acudir á biblioteca, mercamos coleccións novas e de actualidade que conectan sen dúbida cos seus intereses. Para o seu achegamento promoveuse unha campaña de motivación a través dunha invitación por parte da mascota da biblioteca, "Sapientín", para facer unha visita guiada por cursos á mesma. Deste xeito, é unha vez alí os nenos/as coñeceron máis a fondo o funcionamento e organización da biblioteca, as novas adquisicións, como facer os préstamos...


    Ademáis incorporamos un "buzón de suxerencias" onde todos podedes deixar as vosas propostas de cara a mercar novas adquisións (tanto impresas como DVDs, CDs...), de actividades a desenvolver..., e que por suposto nós teremos moi en conta.


     Non queremos deixar de lembrar o importante que é ter un espazo de lectura onde os nenos/as poidan disfrutar do mundo máxico das historias, das aventuras e das imaxes que os contos nos ofrecen, favorencendo como non, o seu hábito lector.


    Por iso recordarlle os nenos/as, pais e nais, que a biblioteca é un espazo aberto e dispoñible para todos e onde o fin fundamental é que se faga un uso productivo e real do mesmo, a través do préstamo de libros, DVDs, CDs..., de pasar un rato agradable de lectura nela, do emprego dos ordenadores con acceso a internet dos que dispoñemos, de facernos novas propostas...


    Así que lembrade que todas as tardes de 16:00h a 18:00h, a biblioteca está á vosa disposicón e polo que vos invitamos a que vos acheguedes a ela e descubrades todo o que alí vos agarda.



page | by Dr. Radut