Skip to Content

Vídeo "Carta solidaria aos Reis Magos"

Este curso, dende o equipo de Biblioteca propuxemos aos alumnos de 3º a 6º Nivel que enviasen aos Reis Magos unha carta solidaria, na que, en lugar de facer peticións de índole material para o seu lecer e disfrute, fixesen peticións para mellorar a vida dos demáis, tanto da xente máis cercana a eles como dotras persoas que viven moi lonxe deles, pero que viven situacións de gran dificultade. Tratábase de que os nenos fixesen un exercicio de empatía, poñéndose no lugar dos demáis, e de levar á reflexión aos alumnos, para que entendesen que é o verdadeiramente importante na vida e que é o supefluo ou secundario. Os nenos e nenas primeiro escribiron a carta; logo seleccionamos algunha que destacara entre todas e despois fixemos vídeos nos que os remitentes lían as cartas en voz audible. Algúnha clase fixeron a carta en grupos pequenos. Como mostra representativa deixámosvos o seguinte vídeo.

 

 



page | by Dr. Radut