blogue deSara

Visita de Carlos Solla

Hoxe abrimos as portas da Biblio para recibir ao escritor #carlossolla. Contounos anécdotas de cando era cativo e de como comezou a escribir. Ademais, tiña un cofre con rochas e tivemos que adiviñar que propiedades máxicas tiña cada unha delas! Por último... asinounos a todos os que quixemos!
 

Letras Galegas 2024

Hoxe celebramos o día das Letras Galegas 2024. Como ben sabemos todos, este ano adicóuselle a Luísa Villalta. É por iso que desfrutamos de Manuela Contacontos co seu espectáculo "As verbas de Luísa". A continuación, visualizamos todos os RAPs participantes no noso concurso e entregamos os premios aos gañadores! 

Queres ver os RAPs do noso alumnado? Aquí os tes! 

 

Tamén vos deixamos un pequeno resumo do día de hoxe... 

Xornadas de formación do Equipo contra o acoso escolar. Equipo ACAE

Hoxe, parte do equipo ACAE do noso centro, desprazouse ata a Cidade da Cultura para acudir á xornada de formación dos equipos contra o acoso escolar. 

Recibiron información sobre o acoso escolar na rede, o impacto do acoso escolar na saúde mental do alumnado, confidencialidade e protección de datos, escoita e apoio fronte ao acoso escolar e a abordaxe xurídica do acoso e ciberacoso escolar.

Seguimos formándonos para mellorar día a día!

Concerto didáctico. Conservatorio de Música de Verín

O luns pasado viaxamos ata Verín para asistir ao Concerto didáctico ofrecido polo profesorado e parte do alumnado do Conservatorio de Música de Verín. Pasamos un anaco estupendo, compartindo a música con compañeiros doutros coles! Ademais de divertirnos, mostráronnos os instrumentos que podemos aprender no conservatorio e as cousas tan marabillosas que se pode facer coa música! 

Queredes ver canto desfrutamos? Dentro vídeo!

 

Taller de escritura creativa

Este venres achegouse ata o cole Mariluz Pascual para facer co alumnado de 5º e 6º un taller de escritura creativa. Non só traballaron sobre o papel, tamén fixeron dinámicas de grupo, convertéronse en chefs... Para rematar elaborando un menú fantasmal! 

Dende o centro agradecemos enormemente a visita e desexamos que volva!

Grupo de Educación Infantil

Comezamos a traballar na nosa actuación para o festival de fin de curso... que será? 

Novidades mes de maio

Xa chegaron ao cole as novas adquisicións para as lecturas do noso alumnado. 

  • Letras Galegas 2024:

 

 

 

  • Outras lecturas:

 

 

 

 

Concurso de rap: Letras Galegas 2024

O próximo 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas, por iso, dende a Biblio da Toña en colaboración cos departamentos de música e lingua galega organizamos un Concurso de rap.

  • Quen pode participar? Todo o alumnado do centro! Dende Ed. Infantil ata Ed. Primaria.
  • Que hai que facer? Escribir un poema en galego e engadirlle ritmo de rap. Pódese facer indiviualmente ou en parellas.
  • Como participar? Envía o poema escrito e o vídeo ao email do cole antes o día 20 de maio.

Esperamos os vosos vídeos!

 

Actividades da Semana do Libro 2024

Celebramos a Semana do Libro con actividades diversas. Aquí vos deixamos unha mostra delas!

 

Arte con ángulos

O grupo de 5º de primaria, na materia de matemáticas estivo traballando os ángulos, os tipos de liñas, de circunferencias... Non atopamos mellor forma de expresalo todo que a través dun cadro artístico! Estes foron os resultados... que vos parecen?

Redes Sociais

Programas

 

Actividades biblioteca


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013