Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deadmin

UN PATIO URBANO VERDE E HUMANIZADO PARA O CEIP RAMÓN DE LA SAGRA

A comunidade educativa do noso centro quere naturalizar e humanizar o espazo escolar. Por esta razón, fixemos unha proposta de investimento nos presupostos participativos do Concello da Coruña. Máis información premendo na imaxe:

 

.

ENTROIDO 2022

O venres 25 de febreiro celebramos o entroido na nosa escola. O tema dos disfraces foi o do proxecto "Qué frío!", e desfilamos con eles ao rítmo da música. Qué ben o pasamos!

.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

2021-2022

Se queredes coñecer o noso cole, premede na seguinte imaxe:

 

 

Para máis información, premede no seguinte enlace:

 

 

 

 

FELICES FESTAS!

Dende o CEIP Ramón de la Sagra desexámosvos unhas Felices Festas.

MAGOSTO 2021

O pasado venres celebramos no centro a festa do Magosto. Foi unha xornada moi especial para todo o alumnado, no que puideron desfrutar da visita do castañeiro e da castañeira. Ademais, as nenas e nenos participaron en xogos alusivos ao tema e finalmente, gozaron duns bailes en gran grupo.

PATIOS VIVOS

Dende o curso pasado camiñamos da man de @sistemalupo e do @cfracoruna para humanizar o noso patio. 

O proxecto, Mestra de Obra, baséase nas transformacións do espazo ligadas a cambios pedagóxicos que favorezan meteodoloxías activas. 

A participación da comunidade educativa será fundamental para acadar con éxito este obxectivo. 

ERASMUS+

O noso centro foi seleccionado para participar no programa Erasmus+ de curta duración para a mobilidade do persoal con fines formativos.

BENVIDO OUTUBRO!

Benvido outubro! Dende o noso centro queremos felicitar aos máis pequenos e pequenas por teren superado de forma fantástica estas primeiras semanas de cole.

CONCERTO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

As nenas e nenos de infantil, 1º e 2º de primaria puideron gozar da música de Uxía Lambona e a Banda Molona. 

HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO

 

HORARIO DO EQUIPO DIRECTIVO:

DIRECTORA: Todos os días das 12:30 ás 13:30 horas. Previa cita

XEFA DE ESTUDOS: Todos os días das 9 ás 9:50 horas. Previa cita.

SECRETARIA: Todos os días das 13 ás 14 horas. Previa cita.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO EN SECRETARÍA:

Todos os días de 9:30 a 11:00 e de 12:45 a 13:30 horas. Previa cita.

 

HORARIO DE PROFESORADO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS:

Todos os luns de 17:00 a 18:00 horas. Previa cita.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut