Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

PROCESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 24-25

Benqueridas familias,

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula na secretaría do centro do 20 ao 28 de xuño, aportando a documentación requerida:

-Impreso matrícula.

- Impreso lingua materna (soamente alumnado de 4º Educación Infantil).

- Autorización actividades complementarias e dereitos de imaxe.

- Solicitude de transporte escolar.

Os impresos necesario están adxuntos nesta publicación.

 

O HORARIO para formalizar a matrícula será:  

20 de xuño: 9:30 h. a 11:30 h. e de 12:00 a 13:30 h.

21 de xuño: por mor da festa de final de curso o horario de atención será de 13:15 h. a 14:00 h.

25 ao 28 de xuño: 9:30 a 13:30 h.

 

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2024/2025

Estimadas familias:

Comunicámoslles que, as familias que o precisen, deben cubrir a folla de solicitude de autorización de uso de transporte escolar gratuíto (adxunto nesta publicación).

O prazo para presentar dita solicitude, pregamos sexa como moi tarde o venres 21 de xuño de 2024.

Moitas grazas pola súa colaboración.

Saúdos,

O Equipo Directivo.

APERTURA PRAZO SOLICITUDE FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Hoxe, 21 de maio, a Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria. O prazo remata o 21 de xuño.

Podedes presentar as vosas solicitudes de xeito telemático ou presencialmente na secretaría do centro. O horario de atención ao público no centro é 9:30 a 11:15 e de 12:15 a 13:30 de luns a venres e os luns pola tarde de 16:30 a 18:30.

Podedes descargar o formulario de solicitude nos seguintes enlaces:

Solicitude fondo libros e axudas material escolar.

- Orde de convocatoria.

DERRADEIRO MANDADIÑO

CUARTO MANDADIÑO

TERCEIRO MANDADIÑO

SEGUNDO MANDADIÑO

PRIMEIRO MANDADIÑO

 

 

DÍA DA PAZ 2024

Para celebrar o Día da Paz (30 de xaneiro), as nenas e nenos do noso centro elaboraron plumas con mensaxes relacionadas con este día tan sinalado. Con estas plumas crearon unhas fermosas ás. No seguinte vídeo podedes ver o resultado:

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2023-2024

As xornadas de portas abertas terán lugar o luns 19 e o luns 26 de febreiro en dúas quendas, ás 17:00 ou ás 18:00. É preciso reservar cita para as visitas chamando ao centro (981280208) ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es

Se queredes coñecer o noso cole,  tamén podedes premer na seguinte imaxe para desfrutar dun percorrido dixital:

 

 

Para máis información, premede na seguinte ligazón:

 

 

Agardámosvos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut