Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deadmin

REFORMA, ACONDICIONAMENTO E SALUBRIDADE DO XIMNASIO DO CEIP RAMÓN DE LA SAGRA

Estimada Comunidade Educativa e Veciñal:

Nunha sociedade na que o sedentarismo está formando parte da vida cotiá de cada neno e nena, o fomento da actividade física resulta crucial para que o seu desenvolvemento tanto físico como emocional sexa completo.

No CEIP Ramón de la Sagra carecemos de espazos nos que levar a cabo estes aspectos, tan importantes para a educación integral do noso alumnado.  O patio cuberto que se está empregando como pavillón non cumpre, nin de lonxe, co cometido de fomento e promoción da actividade física. Este espazo necesita unha serie de melloras, como a reparación integral do chan. Por esta razón, fixemos unha proposta de investimento nos presupostos participativos do Concello da Coruña que podedes APOIAR ata o día 10 de outubro.

Máis información premendo na imaxe:

 

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS DO CENTRO. CURSO 2023-2024

Estimadas familias,

Podedes descargar as instruccións de organización das entradas e saídas deste curso escolar 2023-2024 premendo na seguinte imaxe:

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023-2024

Estimadas familias, 

O venres 8 de setembro, en horario de 11:00 a 12:00 h., poderedes recoller as tarxetas do transporte escolar para este curso 2023-2024. 

O horario das paradas será o seguinte:

LISTAS DE DISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO DE 4º EI, 1º EP, 3º EP E 5º EP

Estimadas familias,

 

As listas de distribución do alumnado de 4º de Educación infantil, 1º, 3º e 5º de Educación primaria xa están expostas no taboleiro da entrada no centro.

Un saúdo.

 

 

 

 

MATERIAIS ESCOLARES CURSO 2023-2024

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA                                                B EDUCACIÓN PRIMARIA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA                                                5º EDUCACIÓN PRIMARIA

3º EDUCACIÓN PRIMARIA                                                6º EDUCACIÓN PRIMARIA

A EDUCACIÓN PRIMARIA

 

REUNIÓNS COMEZO CURSO 23-24: EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias, 

As xuntanzas de comezo de curso para a etapa de Educación Primaria terán lugar os seguintes días: 

 

Un saúdo.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2022-2023

As xornadas de portas abertas terán lugar o mércores 8 e o xoves 9 de febreiro en horario de 16:30 ou de 17:30. É preciso reservar cita para as visitas chamando ao centro.

Se queredes coñecer o noso cole,  tamén podedes premer na seguinte imaxe para desfrutar dun percorrido dixital:

 

 

Para máis información, premede na seguinte ligazón:

 

 

Agardámosvos!

 

VOTACIÓN PROXECTO curso 22/23

O próximo martes 20 de decembro terá lugar a votación para elexir o proxecto compartido deste curso. Xa decidiches cal votar?

 

 

OS NENOS E NENAS DO CEIP RAMÓN DE LA SAGRA PRECISAN A VOSA AXUDA

Temos de prazo ata o 30 de novembro para acadar o maior número posible de votos para o proxecto de transformación do noso patio. Neste video, os nenos e nenas e as súas familias piden a vosa colaboración co voto na fase final dos Orzamentos Participativos, apoiando a nosa proposta polo distrito 7.

#barrioverde #votapatiodoramon

  

Podedes votar no seguinte enlace:

https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/4042

XA PODEMOS VOTAR A NOSA PROPOSTA!

Estimadas familias,

Xa é posible apoiar a nosa proposta de naturalización e humanización do espazo escolar nos presupostos participativos do Concello da Coruña. Para facelo é preciso rexistrarse na web do Concello da Coruña, verificar a vosa conta e premer en APOIAR no enlace ao que vos levará a seguinte imaxe: 

Todas e todos xuntos podemos logralo!

Distribuir contido


by Dr. Radut