Horto escolar
Podemos anunciar que xa comezamos esta semana coa apertura do noso horto - invernadoiro.
Temos que agradecer a desinteresada e xenerossa axuda de césar iglesias pai de mateo e jacobo que realizou unha laboura fantástica e guiounos no proceso tanto na preparación como posta a punto do terreo e espazo a plantar.
O propósito de voltar a usar este espazo é dar un pouco máis de luz, calor e vida ao noso centro neste curso tan atípico e que o alumnado participe dunha actividade educativa tan enriquecedora e lúdica .
Deste xeito, pretendemos dar plena autonomía a cada nivel para poder cultivar o que considere axeitado e levar un seguimento de todo o proceso dende a plantación ata a recollida.
Dividiremos o espazo en pequenas parcelas, rotulando e asignando unha a cada clase. Buscaremos o tipo de planta que vaia mellor segundo a estación na que se cultive.
Seguiremos practicando unha agricultura ecolóxica con abonos naturais (humus de lombriga e o propio compost que se foi formando no curso anterior cos restos de follas e plantas).
Con todo isto esperamos acadar unha participación máis continuada dos/as alumnos/as e aumentar o seu interese polo coñecemento das diferentes especies cultivadas e os seus beneficios na súa alimentación.
Asemade, terán que colaborar en grupo nos traballos que fagan dentro e fóra do invernadoiro, favorecendo a súa socialización.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |