Familias
07/09/2023
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA SARELA CURSO 2023-2024
AVISO:
Dende a ANPA SARELA DO CEIP RAÍÑA FABIOLA ponse en marcha un ano máis as actividades extraescolares co fin de intentar facilitar a conciliación das familias e ofrecer alternativas de lecer, deportivas e culturais para os nenos e nenas.
Como en anos anteriores as actividades serán xestionadas por ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA – GRUPO ACTEX (691 475 060) / MAIL: santiago@actes.es
A inscrición nas actividades realizarase EXCLUSIVAMENTE DE XEITO TELEMÁTICO e por estrito orde de solicitude. O prazo de inscrición será entre o 12 eo 19 de SETEMBRO.
NOVA MATRÍCULA 2023-24
MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO:
DOCUMENTACIÓN NECESARIA.
PRAZO DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN
DO 20 AO 30 DE XUÑO
• IMPRESO FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ANEXO III-1 INFANTIL E PRIMARIA
- ANEXO III-1-GALEGO
- ANEXO III-1- CASTELÁN
• IMPRESO AUTORIZACIÓNS VARIAS 2023-24
• CUESTIONARIO LINGUA MATERNA (INFANTIL)
• FOTOCOPIA DO DNI DOS PROXENITORES
• FOTOCOPIA DNI DO ALUMNO/A (NO CASO DE QUE O TEÑA)
• FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA
• CERTIFICADO MÉDICO (INFORME MÉDICO DE SAÚDE) Canto máis preto da data de matriculación mellor
• 2 FOTOS TAMAÑO CARNÉ - SÓ ALUMNADO DE INFANTIL
- SOLICITUDE DE USO EXCEPCIONAL DE TRANSPORTE (Poderán solicitar o uso excepcional aqueles alumnos e alumnas cuxo domicilio estea a menos de 2 km e de quedaren prazas libres no bus, aqueles cuxo domicilio estea fora da zona de influencia, sempre que empreguen algunha das paradas existentes.)
ACTIVIDADES REALIZADAS CONXUNTAMENTE COAS FAMILIAS NO NOSO CENTRO AO LONGO DO CURSO
31/05/2023
Temos que agradecer a ANA GESTO( nai de Berta) por compartir co noso alumnado de 3º de primaria un pequeno obradoiro sobre o Dadaismo
Facede clic na imaxe e poderedes disfrutar das intervencións de futuros artistas
ENTROIDO 2024
Achégase o Entroido e querémolo celebrar no colexio. Decirvos que a semana do 5 ao 9 de Febreiro cumpriremos cos mandatos do Meco.
MANDADIÑOS DO MECO
Este curso o alumnado de sexto informará ao resto de compañeiros e compañeiras do Cole, o día anterior,dos mandadiños do Meco.
Feliz Entroido!!!!!
XOVES
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
CEIP RAIÑA FABIOLA 2024-2025
ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN
LUNS 19 DE FEBREIRO 17H
COÑECE O NOSO CENTRO
Este ano teremos xornada de portas abertas.
Podedes botarlle un vistazo e coñecer virtualmente as instalacións nas que aprenden disfutando os nosos nenos e nenas, a través das imaxes e vídeos seguintes.
Tedes aquí uns vídeos en 360º grados do CEIP Raiña Fabiola cos que poderedes ver as diferentes instalacións do centro. Recomendámosvos visualizar os vídeos en HD para velos en maior calidade.
BAIXO MIÑO 2023
SAÍDA 6º CURSO
MATERIAL NECESARIO:
Roupa e calzado cómodo para patear e xogar (calcetíns e roupa interior de sobra),
Bañador + chanclas, tenis o zapatillas que se puedan mojar + toalla + bebida para hidratarse.
Moi recomendable levar tamén crema solar + gorra ou viseira + lentes de sol. No caso de choiva, chubasqueiro ou outra prenda similar para a auga.
O resto do material facilitarao a empresa: kayak, remos, chaleco salvavidas, mapa de ruta , bote-tambucho hermético..
A hora de saída e de chegada concretarémola mañán ao longo do día por Abalar ou a través do whatsapp de Beti ou Vicente.
Moitas grazas e a disfrutar.
Libros de texto
LIBROS DE TEXTO 2023-2024
AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
A INSTANCIA SERÁ ÚNICA PARA TÓDOLOS FILLOS/AS ADMITIDOS NO MESMO CENTRO. PÓDESE FACER:
- DE XEITO MANUAL, RECOLLÉNDOA NO CENTRO OU DESCARGÁNDOA DA PÁXINA WEB.
- NA APLICACION FONDO LIBROS E REALIZANDO A PRESENTACIÓN BEN NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA OU DE XEITO PRESENCIAL NO CENTRO.
- A INSTANCIA SERÁ ÚNICA PARA PRESENTAR SOLICITUDE NO BANCO DE LIBROS DE 3º A 6º DE E.P, PARA SOLICITAR AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR.
- Cursos aos que vai dirixido: 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria
- Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023(este incluído).
- As instancias pódense recoller na secretaría ou descargar da web do centro: INSTANCIA
- Xunto coa instancia deberán entregar a documentaciónacreditativa .
- FONDO: Para ser beneficiario desta axuda é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2021/2022, así como os libros prestados. A data para a devolución dos libros é do 16 ao 20 de xuño e serán entregados aos seus titores ou titoras. Ata o día 9 de xullo o centro publicará unha relación provisional cos libros adxudicados a cada alumno/a. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no centro os 2 días seguintes á publicación . A publicación das listaxes definitivas ata o 20 de xullo.
- Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € : 6 libros de texto e renda per cápita entre 6.000 e 10.000 € : 4 libros de texto. Declaración da renda do exercicio 2020.
- O centro entregará os libros asignados a cada alumno/a ao comezar o curso seguinte.
- AXUDAS MATERIAL: Só para renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ a axuda para material será de 50 € Para calcular a renda per cápita haberá que sumar os recadros 460+435 da declaración da renda do ano 2019 e dividilo entre o número de membros da familia (a día 31/12/2019). Os vales poderán ser recollidos do 4 ao 12 de xullo. En caso de extravío o centro nunca expedirá un novo vale.
- Renda per cápita igual ou inferior a 6000 € axuda para libros de texto vale por 210€ e renda per cápita entre 6.000 e 10.000€ axuda para libros de texto 140 €
- RESUMO DO FONDO E AXUDAS.
O vindeiro día 11 de setembro, na aula e coa titora ou titor correspondente, farase entrega a todo o alumnado beneficiario do Fondo Solidario de libros de texto dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2023 - 2024
LISTADO DE LIBROS DE INFANTIL 2023-24
|
|
MATERIAL ESCOLAR |
MATERIAL ESCOLAR |
MATERIAL ESCOLAR |
4ºMATERIAL ESCOLAR |
MATERIAL ESCOLAR |
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS VERÁN 2023
A Deputación da Coruña organiza a partir do 2 de xullo, e ao longo de catro quendas unha serie de campamentos deportivos. Para este ano, o Concello de Santiago de Compostela conta con 18 prazas para a 3ª quenda (do 16 ao 21 de xullo) na que poderán participar as rapazas e rapaces empadroados en Santiago, con idades entre 9 e 14 anos xa cumplidos (nacidos entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014).
ENTROIDO 2023
Achégase o Entroido e querémolo celebrar no colexio. O tema que eleximos este ano ten que ver cos inventos e os/as inventores/as, por iso, pedimos a vosa colaboración para que os nenos e nenas, veñan disfrazados o próximo venres, 17 de febreiro. Poñede a funcionar a vosa imaxinación para crear ese disfrace que teña que ver con dita temática. Decirvos tamén, que a semana do 13 ao 16 cumpriremos cos mandatos do Meco.
Sabemos que en anos anteriores contabamos coa vosa aportación de doces típicos destas datas. Pero seguindo a norma do colexio de non compartir alimentos debido á pandemia, sentimos moito non poder
levar a termo dita actividade.
MANDADIÑOS DO MECO
SEN MEDIDAS DE DISTANZAMENTO
ÍMONOS DIVERTIR,
E OS MANDADIÑOS DO MECO
IMOS VOLVER CUMPRIR
Luns 13:
E como a troula e a festa,
Para nós comeza,
Non esquezas poñer hoxe,
Algo diferente na cabeza.
Martes 14:
Nin Master Chef, nin pamplinas,
Nós queremos filloas e chuliñas!
Un mandil de cociña,
Traeremos á escola,
E uns calcetíns resultóns,
Que virán axustados por fóra.
Mércores 15:
É unha preguiza co frío,
Erguerse para aprender …
Por un día á escola,
A parte de arriba do pixama
Poderás traer …
A crise fai estragos
Hai que facer aforro,
Antifaces reciclados,
Faite para taparte os ollos
XOVES16
Sede creativos e creativas,
Ide ao faiado e ao garaxe
E montade un atuendo rápido,
Con material de reciclaxe.
SUSA HERRERA E MERCHI ROZAS
O pasado xoves día 22 Susana Herrera acompañada mestra de música Merchi Rozas realizaron unha actividade de contacontos para o noso alumnado.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |