fondo

LOGROS E RETOS DEPORTIVOS DO NOSO ALUMNADO

Este "PROXECTO" queremos que realice a función de altofalante no presente e no futuro de rapaces e rapazas do noso colexio, que se esforzan diariamente en todo tipo de disciplinas, deixando horas de traballo, nos adestramentos, moitas veces sen premio material na competición pero logrando empaparse coa recompensa máis importante de todas, FORMARSE COMO PERSOAS TRANSMITINDO VALORES.

XIMNASIA ACROBÁTICA

Darlle a noraboa á nosa alumna de 5º de primaria Celia Torres Fontao que ven de conseguir coas súas compañeiras de equipo Ana e Agueda, o 3º posto no Campionato de España  de Ximnasia Acobática- Campionato Nacional Base na modalidade de tríos.

Felicitar tamén ao Clube Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela

Celia coa súa adestradora Belén

BALONCESTO

Queremos dar a nosa noraboa ao noso alumno de 3º de primaria Xabi Yañez que foi quen ,xunto aos seus compañeiros do NB21 OBRADOIRO, de acadar un magnífico subcampionato na liga PREMINI MASCULINA de Santiago.

XIMNASIA RÍTMICA

Dar a noraboa á nosa alumna de 2º curso de primaria Julieta Puñal López e aos seus compañeros de equipo Sara, Carla L., Carla I. e Dani, pois acaban de proclamarse CAMPIOAS GALEGAS por seleccións na modalidade de mans libres na categoría benxamín de 8-9 anos.

 

 I TROFEO CIUDAD DE VIGO XIV COPA GALICIA INTERNACIONAL DE GIMNASIA ACROBÁTICA

Queremos felicitar á nosa alumna de 5º de primaria CELIA TORRES FONTAO, que conseguiu alzarse co primeiro posto na categoría infantil neste prestixioso trofeo xunto ás súas compañeiras de equipo, Ana e Agueda.

Noraboa Celia  e segue disfrutando desta preciosa disciplina deportiva como é a ximnasia acrobática

  

                        NORABOA YUN !!!!

      

 

Hoxe toca darle a noraboa ao noso alumno de 5ºB de Educaciónprimaria, YUN Sieira Gerpe que o pasado mes de Marzo acadou en pista cuberta o segundo posto no Campionato Galego pista cuberta  en 60 metros lisos celebrado en Ourense e o 1º posto no Campionato Galego de 500 metros ao aire libre celebrado en Pontevedra .

Agora desexarlle moita sorte e forza, pero sobre todo que disfrute na vindeira competición que terá lugar este mes de Xuño

 

 YUN  SIEIRA GERPE VOLVE A DARNOS UNHA GRAN ALEGRÍA NO CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO CELEBRADO BAIXO UNHA INTENSA CHOIVA NA LOCALIDADE DE NOIA O PASADO 20/06/21