Skip to Content

Colaboradores comedor

APERTURA DO SEGUNDO PRAZO COLABORADORES PARA COMEDOR

 

Ábrese un segundo prazo de admisión de solicitudes para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario de comedor para o curso 22/23 do CEIP Plurilingüe da Rabadeira.

 

Segundo se recolle na instrución 2/2021 as funcións de colaboración no comedor poderán ser desempeñadas por pais, nais, titores legais ou acolledores familiares do alumnado do centro que estea cursando estudos na actualidade.

 

Ademáis as persoas colaboradoras percibirán unha compensación económica polos gastos de dedicación e asistencia polo importe de 12,50€ por cada día. O pagamento realizarase trimestralmente.

O horario de colaboración será de 13’00h a 15’00h e poderán comer dentro deste horario de xeito gratuito.

 

 

Poden descargar e cubrir o Anexo IV ou recollelo na secretaría do centro enviándoo por mail a ceip.rabadeira@edu.xunta.gal ou entregándoo na secretaría do centro.

 



page | by Dr. Radut