Skip to Content

1º e 2º de Educación Primaria

CURSO 2013 - 2014

ORIGAMI TULIPS/ TULIPÁNS DE PAPIROFLEXIA

Para despedir as clases de plástica bilingüe e a primavera os nenos e nenas de segundo creamos uns tulipáns de papiroflexia. Mirade que coloridos! Bye, bye spring! Ata pronto primavera!

 

FÓSILES DE AMONITES EN 3D

Os últimos días de plástica bilingüe os nenos e nenas de primeiro e segundo tamén aprendemos que son os fósiles. Para iso, creamos un fósil de amonites empregando arxila branca e uns modelos en miniatura que imprimimos na impresora 3D que hai na biblioteca do colexio. Unha vez secos pintámolos de diferentes cores, tendo que chegar a un consenso para escoller a cor do noso equipo colaborativo! Agardamos que vos gusten!

FOTOTRAMPEO NO XEOPARQUE

O alumnado de primeiro e segundo estivo traballando os animais salvaxes do Xeoparque dun xeito moi especial. Este ano fixeron fototrampeo para poder observalos ben no seu hábitat. Cada semana descubrían un novo animal e cubrían unha ficha cos seus datos máis importantes. Mirade que interesante!

SPRING FLOWERS/ FLORES DE PRIMAVERA

Este trimestre nas clases de plástica bilingüe o alumnado de primeiro e segundo de primaria creou uns coloridos flower vase (xarróns de flores). Ao mesmo tempo, e grazas á axuda de Isabella, a nosa auxiliar de conversa, continuamos repasando o vocabulario dos números, as cores e o material escolar. Agardamos que vos guste o resultado!

    

HAPPY SAINT PATRICK´S DAY!

Para celebrar o día de San Patricio os nenos e nenas de segundo creamos unhas postais con forma de leprechaun uns duendes de orixe irlandesa que, segundo conta a lenda, teñen unha pota de ouro agochada no final do arco da vella! Agardamos que vos gusten!

BYE, BYE WINTER!

Para despedir o inverno, nas clases de plástica bilingüe en primeiro e segundo de primaria creamos unhas mittens (manoplas). Para iso, empregamos dous anacos de papel charol de cores diferentes e fómolos trenzando como se calcetaramos con la de verdade! Agardamos que vos gusten!

 

ROSALÍA´S POP ART

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Para homenaxeala os nenos e nenas de primeiro e segundo nas clases de plástica bilingüe coloreamos retratos seus con estilo "Pop art". Despois, compuxemos un mural con todos eles. Agardamos que vos guste!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut